No ámbito da bioloxía molecular tradúcese como "corrente arriba", ás veces
"augas arriba". Igualmente co termo "downstream", "corrente abaixo" ou "augas
abaixo". Por poñervos en situación , isto aparece cando se fala da lectura das
polimerasas dunha secuencia de DNA para referirse á secuencia que deixa tras
de si ou ten por diante do punto onde comeza a lectura; en cristía, sería
similar a cando comezamos a ler un párrafo para referirnos ó que hai diante de
onde comezamos a ler (upstream) e o que ven logo na lectura (downstream).