Ocórresevos algún termo axeitado? A min vénme á cabeza algo como "resesas", pero non me acae de todo. Atopeino na tradución do Amarok (KDE), e refírese ás pistas que se atopan na base de datos mais non no iPod tras producirse un erro. En castelán tradúceno como "viejo", pero tampouco me semella moi preciso.
Para o caso contrario (as pistas que se atopan no iPod mais non na base de datos) emprégase "orphaned", e eu traducino como "orfas" (non me matei moito, seino...).

