>>> «Vello» paréceme máis axeitado que «reseso», pero si que habería que >>> buscar algo máis axeitado. Suponse que son as cancións que hai tempo que >>> non escoitas, que están medio esquecidas, pero dispoñibles para que as >>> volvas escoitar máis a miúdo. Pero para sermos francos, a min tampouco se >>> me ocorre nada. Aínda que teño a sensación de que existe a palabra >>> perfecta, que simplemente non me ven á mente. >> >> Tanto vello como reseso son a nivel de tradución axeitadas. Non escollería >> o de reseso por que o que o vexa pode dubidar bastante de a que se refire, >> inda que vello é moi xenérico. Igual obsoletas, caducas... podería ir ben, >> pero calquera tradución das anteriores sería válida. >> >>> A mágoa é que sexa un adxectivo, porque ben podería dicirse algo coma «as >>> cancións do faiado/faio», coma xoguetes gardados cos que hai tempo que >>> non xogas. Había unha palabra para iso tamén (para o lugar onde se gardan >>> os xoguetes que non é o faiado), pero non ven ao caso XD. >>> >>>> Para o caso contrario (as pistas que se atopan no iPod mais non na base >>>> de datos) emprégase "orphaned", e eu traducino como "orfas" (non me >>>> matei moito, seino...). >> >> As veces matarse moito non é moi bo, porque cando vaias a volver a >> traducir, (por non dicir outros) e che volva a aparecer a solución que che >> vai acordar é a primeira :) >> >> A min orfas paréceme máis ca ben. > > Grazas aos dous. Pois polo momento creo que lle vou pór "obsoletas", > seméllame máis preciso que "vellas"; pero séguense a admitir propostas...
A min paréceme que "obsoleto" se está empezando a usar para traducir demasiadas cousas xa, pero non se me ocorre nada mellor.

