> Ocórresevos algún termo axeitado? A min vénme á cabeza algo como "resesas", > pero non me acae de todo. Atopeino na tradución do Amarok (KDE), e refírese > ás pistas que se atopan na base de datos mais non no iPod tras producirse > un erro. En castelán tradúceno como "viejo", pero tampouco me semella moi > preciso.
«Vello» paréceme máis axeitado que «reseso», pero si que habería que buscar algo máis axeitado. Suponse que son as cancións que hai tempo que non escoitas, que están medio esquecidas, pero dispoñibles para que as volvas escoitar máis a miúdo. Pero para sermos francos, a min tampouco se me ocorre nada. Aínda que teño a sensación de que existe a palabra perfecta, que simplemente non me ven á mente. A mágoa é que sexa un adxectivo, porque ben podería dicirse algo coma «as cancións do faiado/faio», coma xoguetes gardados cos que hai tempo que non xogas. Había unha palabra para iso tamén (para o lugar onde se gardan os xoguetes que non é o faiado), pero non ven ao caso XD. > Para o caso contrario (as pistas que se atopan no iPod mais non na base de > datos) emprégase "orphaned", e eu traducino como "orfas" (non me matei > moito, seino...). Non me parece unha mala tradución, a verdade. Son as pobres cancións sen irmá xemelga na base de datos do Amarok, ou sexa, sen copia de seguridade no computador.

