> «Vello» paréceme máis axeitado que «reseso», pero si que habería que buscar
> algo máis axeitado. Suponse que son as cancións que hai tempo que non
> escoitas, que están medio esquecidas, pero dispoñibles para que as volvas
> escoitar máis a miúdo. Pero para sermos francos, a min tampouco se me
>  ocorre nada. Aínda que teño a sensación de que existe a palabra perfecta,
>  que simplemente non me ven á mente.

Tanto vello como reseso son a nivel de tradución axeitadas. Non escollería o 
de reseso por que o que o vexa pode dubidar bastante de a que se refire, inda 
que vello é moi xenérico. Igual obsoletas, caducas... podería ir ben, pero 
calquera tradución das anteriores sería válida. 

> A mágoa é que sexa un adxectivo, porque ben podería dicirse algo coma «as
> cancións do faiado/faio», coma xoguetes gardados cos que hai tempo que non
> xogas. Había unha palabra para iso tamén (para o lugar onde se gardan os
> xoguetes que non é o faiado), pero non ven ao caso XD.
> 
> > Para o caso contrario (as pistas que se atopan no iPod mais non na base
> > de datos) emprégase "orphaned", e eu traducino como "orfas" (non me matei
> > moito, seino...).

As veces matarse moito non é moi bo, porque cando vaias a volver a traducir, 
(por non dicir outros) e che volva a aparecer a solución que che vai acordar é 
a primeira :)

A min orfas paréceme máis ca ben.

Responderlle a