Grazas aos dous. Pois polo momento creo que lle vou pór "obsoletas", seméllame máis preciso que "vellas"; pero séguense a admitir propostas...
-------------------------------------------------------------------------------- O Luns 21 de Decembro de 2009 ás 23:33 Miguel Branco escribiu: > > «Vello» paréceme máis axeitado que «reseso», pero si que habería que > > buscar algo máis axeitado. Suponse que son as cancións que hai tempo que > > non escoitas, que están medio esquecidas, pero dispoñibles para que as > > volvas escoitar máis a miúdo. Pero para sermos francos, a min tampouco se > > me ocorre nada. Aínda que teño a sensación de que existe a palabra > > perfecta, que simplemente non me ven á mente. > > Tanto vello como reseso son a nivel de tradución axeitadas. Non escollería > o de reseso por que o que o vexa pode dubidar bastante de a que se refire, > inda que vello é moi xenérico. Igual obsoletas, caducas... podería ir ben, > pero calquera tradución das anteriores sería válida. > > > A mágoa é que sexa un adxectivo, porque ben podería dicirse algo coma «as > > cancións do faiado/faio», coma xoguetes gardados cos que hai tempo que > > non xogas. Había unha palabra para iso tamén (para o lugar onde se gardan > > os xoguetes que non é o faiado), pero non ven ao caso XD. > > > > > Para o caso contrario (as pistas que se atopan no iPod mais non na base > > > de datos) emprégase "orphaned", e eu traducino como "orfas" (non me > > > matei moito, seino...). > > As veces matarse moito non é moi bo, porque cando vaias a volver a > traducir, (por non dicir outros) e che volva a aparecer a solución que che > vai acordar é a primeira :) > > A min orfas paréceme máis ca ben. >

