Boas: En 2010/01/06 20:41, Miguel Branco escribiu:
Mirando as traducións de path sorprendeume a cantidade de veces que se traduciu como "camiño" en vez de como "ruta" (ou "rota"). É ben certo que nalgún contexto se usou "camiño", como se fixo no contexto das imaxes vectoriais, pero por que razón usades "camiño" nos outros contextos?Revisando esto, eu esto non o teño particularmente claro: * path - debuxo vectorial> camiño - sistema de ficheiros> ruta/rota ~> it. percorso -> fr. chemin d'accès * es. ruta -> ct. camí -> pt_PT caminho (++), localização (-) -> pt_BR caminho (+++), localização ( --) co que igual nos deberíamos adaptar e empregar camiño para ambos contextos e logo temos cando se di algo como "chose the _path_ to save...", que penso que sería mellor, nos DE, e obviamente segundo o contexto, naturalizalo e dicir "escolla en que _cartafol_ quere gardar..."
Parece que seguindo o famoso algoritmo habería que empregar camiño. Por min vale.

