Unha das avantaxes de "ruta" é que ten catro letras, igual que "path".
Pensade que a palabra "path" adoita aparecer en sitios con espazo bastante
reducido, así que que ocupe o mesmo espazo é unha grande avantaxe.

2010/1/7 Fran Diéguez <lis...@mabishu.com>

> > Parece que seguindo o famoso algoritmo habería que empregar camiño.
> > Por min vale.
>
> Coido que o de path -> camiño é algo que en gnome temos moito e seguro
> que a discusión ven en alusións á tradución do mesmo.
>
> Persoalmente prefiro camiño porque é o que mellor se axusta á acepción.
> E, insisto de novo persoalmente, ruta resulta un tanto sintético para
> inserir dentro dunha interface de usuario.
>
> Saúdos.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>



-- 
  Jacobo Tarrío     |     http://jacobo.tarrio.org/

Responderlle a