Conforme as esixencias que marcan os estatutos da asociación,
1. de celebrar polo menos unha asemblea xeral ordinaria unha vez ao ano (artg. 
18.1)
2. e de anuncialo con 5 semanas de antelación ( artg. 18.1)
e tras consultalo na directiva xeral, como procede segundo o artg. 14.4

convoco unha primeira Asemblea Xeral Ordinaria para o 10 de Abril na Cidade 
d'A Coruña. 

Tanto a data como o lugar de celebración non casuísticos pero son susceptibles 
de ser cambiados segundo o que decidades. Iso sempre que se respecten as 5 
semanas de antelación da fixación da data (aka. canto máis tardedes en decidir 
a data máis tarde será).

Nesa asemblea xeral:
1. a directiva xeral informará da súa xestión
2. discutirase e aprobarase o plan xeral de actividades para o presente ano 
(artg. 14.5, 20.1) que presentará a directiva
3. e discutirase e marcaranse os grupos de traballo dentro da asociación 
(artg. 14.6)
4. e ratificarase a lista de socios actualizada (artg. 20.5)
... e outros puntos que propoñades discutir

A axenda da asemblea xeral definitiva publicarase con unha semana de 
antelación á data de celebración. 

Recórdovos que:
1. a forma na que queda constituída a asemblea está descrita no artg. 22
1. aqueles asociados que non poidades asistir á asemblea xeral podedes facer 
uso da delegación de voto (artg. 19)
2. que podedes propoñer puntos de discusión para a asemblea
3. que só teñen dereito a voto os socios ordinarios (todos os que ides en CC e 
os que vos asociedes antes da data da asemblea)
3. e que os acordos adoptados en asemblea xeral son vinculantes para tódolos 
socios, incluídos aqueles que non asistiron (artg. 24)


Bah!, con menos formalismos, que nun par de semanas tomamos unhas 
cañas/chupitos/cafés/aughas ou ghasiosas xuntos e leriamos un pouco :D


PD: tedes o estatuto aquí: http://trasno.net/trasno:asociacion

Responderlle a