> 2010/3/4 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> > Cando falamos das "policy" de debian ou dun sistema, estamos a empregar
> > "politica(s)", dandolle voltas creo que debería ser "directivas".
> > 
> > opinións, suxestións?
> 
> políticas non supón ningún problema. Na acepción 2 que recolle o
> Digalego pódese comprobar:
> 
> «Maneira de actuar ou de conducir un asunto.»
> 
> directiva non é correcta (salvante o ámbito xurídico onde designa
> certas normas de rango europeo. Anglicismo)
> 
> En todo caso, directriz parece mellor pero non lle vexo problema a
> política do sistema.

Se se chega a debater, ademais de "directrices" e "políticas", estaría 
"regras" ("leis" xa sería pasarse). Pero certamente non lle vexo inconveniente 
a "políticas".

Responderlle a