Ola,

No programa que estou traducindo atópome coa expresión 'XML document
not well formed'. Dado que estar 'well formed' é unha das
características básicas dun documento XML (non se podería denominar de
tal xeito sen posuíla), parece importante que teña unha tradución
precisa. Buscando no corpus de Mancomún, atopo unha única ocorrencia
(en pidgin):

"XML Not well formed"   ->  "XML incorrectamente formado"

No software de Microsoft, traduciuse de formas variadas:

Verify well-formed XML.. -> Verificar XML con formato correcto...
well-formed XML. -> XML ben formado
XML correcto

1) É correcta a tradución formed -> formado? Non parece que o verbo
formar teña esa acepción en galego (polo menos no digalego)
2) As solucións con formato parecen remitir a un problema de orde
gráfica, ou de representación, cando o que sucede é que o documento
non segue as regras sintácticas básicas que permitirían denominalo
como XML (ou sexa, non é un documento XML), non por unha cuestión de
formato, senón sintáctica
3) Podería valer 'O documento XML non está ben construído'?

Unha analoxía lingüística podería ser: 'a oración non está ben
formada' contra 'a oración non está ben construída'. Supoño que
ninguén diría 'a oración non ten o formato correcto' ou 'a oración
está incorrectamente formada' para dicir que non é sintacticamente
correcta.

Ao mellor xa se discutiu, pero non encontro referencias nos arquivos da lista.


Saúdos. Xosé Antonio Rubal

Responderlle a