Como a infraestrutura informática xeral de trasno está fase de asentamento aproveito para facer unha suxestión para que todos a avaliemos.

Coido que todos en Trasno coñecerán o que é un servidor de DICT, maís unha pequena descrición sería un sistema en liña que emprega o protocolo dict (http://www.dict.org/rfc2229.txt) e que serve para acceder a definicións de dicionario dende un conxunto de bases de datos de dicionarios de linguaxe natural.

Teño que investigar máis sobre o protocolo (servidores dispoñíbeis, posibilidade de implementalo mediante unha linguaxe de scripting, viabilidade, ... ) e o máis importante a dispoñibilidade de bases de datos en galego.

Moito me temo que non haxa ningún dict do galego, polo que nese sentido sería un proxecto moi interesante para encontrar algunha sinerxia con persoas ou grupos que teñan interese en liberar contidos.

Saúdos

Responderlle a