2010/3/9 Fran Diéguez <lis...@mabishu.com>:
> Como a infraestrutura informática xeral de trasno está fase de asentamento
> aproveito para facer unha suxestión para que todos a avaliemos.
>
> Coido que todos en Trasno coñecerán o que é un servidor de DICT, maís unha
> pequena descrición sería un sistema en liña que emprega o protocolo dict
> (http://www.dict.org/rfc2229.txt) e que serve para acceder a definicións de
> dicionario dende un conxunto de bases de datos de dicionarios de linguaxe
> natural.
>
> Teño que investigar máis sobre o protocolo (servidores dispoñíbeis,
> posibilidade de implementalo mediante unha linguaxe de scripting,
> viabilidade, ... ) e o máis importante a dispoñibilidade de bases de datos
> en galego.
>
> Moito me temo que non haxa ningún dict do galego, polo que nese sentido
> sería un proxecto moi interesante para encontrar algunha sinerxia con
> persoas ou grupos que teñan interese en liberar contidos.

Estás falando de construír un dicionario colaborativo ca posibilidade
de consulta mediante ese protocolo?

Responderlle a