> Como a infraestrutura informática xeral de trasno está fase de > asentamento aproveito para facer unha suxestión para que todos a avaliemos. > > Coido que todos en Trasno coñecerán o que é un servidor de DICT, maís > unha pequena descrición sería un sistema en liña que emprega o protocolo > dict (http://www.dict.org/rfc2229.txt) e que serve para acceder a > definicións de dicionario dende un conxunto de bases de datos de > dicionarios de linguaxe natural. > > Teño que investigar máis sobre o protocolo (servidores dispoñíbeis, > posibilidade de implementalo mediante unha linguaxe de scripting, > viabilidade, ... ) e o máis importante a dispoñibilidade de bases de > datos en galego. > > Moito me temo que non haxa ningún dict do galego, polo que nese sentido > sería un proxecto moi interesante para encontrar algunha sinerxia con > persoas ou grupos que teñan interese en liberar contidos. > > Saúdos
O protocolo adáptase a dicionarios en liña, ou os dicionarios ao protocolo? Porque se se puidesen aproveitar os (polo de agora básicos) recursos do wiktionary en galego, estaría bastante ben.

