Boas.

> De feito, o goberno actual
> ao que directamente critica o Queremos Galego (e non sen motivo, que conste) 
> é
> o que máis beneficiou (ou vai beneficiar) a Trasno ou as asociacións de
> usuarios de GNU/Linux de Galicia.

Non te enfades comigo e menos isto non entra neste debate. Pero o que
dis aquí non ten moita base. Xa me dirás en que está beneficiando o
goberno actual ao Software Libre e máis aos grupos de usuarios. Ou non
sabes o que se fixo co anterior goberno ou non sabes o que está facer
iste. Teñen moitas intencións pero por agora todo se queda en
intencións.

Soamente che vou dar unha cifra, 800.000 € se van gastar este ano en
Software Libre, dito por eles na última reunión. O que para eles en
anos de crise é unha pasada, como dixo Mar Pereira. A min paréceme
ridícula, nin sequera son unhas "migas" do que lle sobra. E bon, non
falemos xa do posible trato de favor, dos tempos e de como están a
contar connosco. Basicamente están a improvisar e a día de hoxe, a
cousa pinta peor que co anterior goberno e simplemente están a renovar
o que xa había pero a súa maneira na que non nos están deixando moita
marxe de manobra.

Pero bueno, é unha impresión sesgada e parcial dalguén que non sabe
moito de Software Libre nin de Galicia nin de como se deberían facer
as cousas.

Unha aperta.

PD: o ton non vai con mal, non me estou metendo con ninguén pero é que
me dá rabia que a xente pense que isto vai ben e non é así.

Responderlle a