Boas:

Sobre a cuestión de adhesión ou non.

Eu miraría o manifesto. Desde o meu punto de vista contra quen vai o 
manifesto é contra quen fixo/apoiou o decretazo. O cal, desde o meu 
punto de vista, o que fai é tratar de aniquilar a nosa lingua.

Estamos de acordo co decretazo?
No caso de estar de acordo, entendo que non se asine.

De non estalo, na miña opinión, penso que habería que tomar posición 
ante unha agresión tan grave cara nosa lingua.

Sen ánimo de ferir sensibilidade algunha, se recibir axuda da xunta, vai 
condicionar a liberdade de expresión da asociación, penso que habería 
que re-formularse se se quere dita axuda de dita institución.



En 2010/05/18 08:47, Enrique Estévez Fernández escribiu:
> Boas.
>
>> De feito, o goberno actual
>> ao que directamente critica o Queremos Galego (e non sen motivo, que conste) 
>> é
>> o que máis beneficiou (ou vai beneficiar) a Trasno ou as asociacións de
>> usuarios de GNU/Linux de Galicia.
>
> Non te enfades comigo e menos isto non entra neste debate. Pero o que
> dis aquí non ten moita base. Xa me dirás en que está beneficiando o
> goberno actual ao Software Libre e máis aos grupos de usuarios. Ou non
> sabes o que se fixo co anterior goberno ou non sabes o que está facer
> iste. Teñen moitas intencións pero por agora todo se queda en
> intencións.
>
> Soamente che vou dar unha cifra, 800.000 € se van gastar este ano en
> Software Libre, dito por eles na última reunión. O que para eles en
> anos de crise é unha pasada, como dixo Mar Pereira. A min paréceme
> ridícula, nin sequera son unhas "migas" do que lle sobra. E bon, non
> falemos xa do posible trato de favor, dos tempos e de como están a
> contar connosco. Basicamente están a improvisar e a día de hoxe, a
> cousa pinta peor que co anterior goberno e simplemente están a renovar
> o que xa había pero a súa maneira na que non nos están deixando moita
> marxe de manobra.
>
> Pero bueno, é unha impresión sesgada e parcial dalguén que non sabe
> moito de Software Libre nin de Galicia nin de como se deberían facer
> as cousas.
>
> Unha aperta.
>
> PD: o ton non vai con mal, non me estou metendo con ninguén pero é que
> me dá rabia que a xente pense que isto vai ben e non é así.
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a