Totalmente de acordo con damufo.

O Mar, 18-05-2010 ás 10:07 +0200, damufo escribiu:
> Boas:
> 
> Sobre a cuestión de adhesión ou non.
> 
> Eu miraría o manifesto. Desde o meu punto de vista contra quen vai o 
> manifesto é contra quen fixo/apoiou o decretazo. O cal, desde o meu 
> punto de vista, o que fai é tratar de aniquilar a nosa lingua.
> 
> Estamos de acordo co decretazo?
> No caso de estar de acordo, entendo que non se asine.
> 
> De non estalo, na miña opinión, penso que habería que tomar posición 
> ante unha agresión tan grave cara nosa lingua.
> 
> Sen ánimo de ferir sensibilidade algunha, se recibir axuda da xunta, vai 
> condicionar a liberdade de expresión da asociación, penso que habería 
> que re-formularse se se quere dita axuda de dita institución.
> 
> 
> 
> En 2010/05/18 08:47, Enrique Estévez Fernández escribiu:
> > Boas.
> >
> >> De feito, o goberno actual
> >> ao que directamente critica o Queremos Galego (e non sen motivo, que 
> >> conste) é
> >> o que máis beneficiou (ou vai beneficiar) a Trasno ou as asociacións de
> >> usuarios de GNU/Linux de Galicia.
> >
> > Non te enfades comigo e menos isto non entra neste debate. Pero o que
> > dis aquí non ten moita base. Xa me dirás en que está beneficiando o
> > goberno actual ao Software Libre e máis aos grupos de usuarios. Ou non
> > sabes o que se fixo co anterior goberno ou non sabes o que está facer
> > iste. Teñen moitas intencións pero por agora todo se queda en
> > intencións.
> >
> > Soamente che vou dar unha cifra, 800.000 € se van gastar este ano en
> > Software Libre, dito por eles na última reunión. O que para eles en
> > anos de crise é unha pasada, como dixo Mar Pereira. A min paréceme
> > ridícula, nin sequera son unhas "migas" do que lle sobra. E bon, non
> > falemos xa do posible trato de favor, dos tempos e de como están a
> > contar connosco. Basicamente están a improvisar e a día de hoxe, a
> > cousa pinta peor que co anterior goberno e simplemente están a renovar
> > o que xa había pero a súa maneira na que non nos están deixando moita
> > marxe de manobra.
> >
> > Pero bueno, é unha impresión sesgada e parcial dalguén que non sabe
> > moito de Software Libre nin de Galicia nin de como se deberían facer
> > as cousas.
> >
> > Unha aperta.
> >
> > PD: o ton non vai con mal, non me estou metendo con ninguén pero é que
> > me dá rabia que a xente pense que isto vai ben e non é así.
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto en trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Responderlle a