> Igual a miña mensaxe pareceu un pouco agresiva e te molestei, e non era a
> miña intención... xa digo que entendo que haxa reticencias, o que pasa é
> que esa presunta vinculación política, dende o meu punto de vista persoal,
> non responde mais que ó de sempre: intentar restar apoios etiquetando ós
> que se opoñen ós de sempre como uns radicais e impositores. Por iso igual
> son un pouco cortante ó expresar o que penso :P. Pero tes toda a razón do
> mundo ó sacar a cuestión; a min tampouco me parecería normal que a
> decisión se tomase sen ter en conta todas as sensibilidades, e se aínda
> que fose unha minoría non o vise ben, posto que non é un obxectivo de
> Trasno como asociación, entón prefiro que non se faga.
> 
> Saúdos! :)
> 
> PD: Mándocho a tí só porque en principio teño a sensación de que isto 
> queda
> mais como un debate persoal, pero se prefires reenviar á rolda porque cres
> que pode aportar algo, xenial :)

Mandáchelo á rolda XD Pero paréceme ben, creo que aporta moito. E non me 
molestara :P

Responderlle a