Adrián, se chega a tempo, bótolle unha ollada esta noite mesmo. Só
precisaría saber unha cousa, se ademais dos comentarios modificaches algunha
outra cousa no código (na flexión verbal ou nos paradigmas de enclíticos ou
nos lemas de formas verbais no dicionario, non nas regras de suxestións que
non interesan tanto para o caso...).

E só unha cousa máis, que non ten que ver co caso (
http://www.trasno.net/lurker/message/20091026.171157.a354c99a.gl.html), pero
que está relacionada: ESTOU ATA ... (AÍ) das sorpresas do Rial, porque xa
vai alá case ano e medio:


Responder

Reenviar




Responder
|
Miguel Solla para Javier, bcc: (SAL)
mostrar detalles 01/02/09
deMiguel Solla <bradomin en gmail.com>para"Frco. Javier Rial" <fjrial en 
cesga.es>
CCO"(SAL) Antón Méixome" <sal en avogacia.org>
fecha1 de febrero de 2009 13:11asuntoRe: [Hunspell-gl-commits] r11 -
trunkenviado
porgmail.com
ocultar detalles 01/02/09

Antes de nada gustaríame pedirche desculpas por se nalgún momento non
acertei co ton adecuado nas miñas mensaxes. Se incomodan, non dubides en
comunicarmo (custa menos ficar calado que escribir unhas liñas que, se
cadra, van ser mal interpretadas por causa do rexistro que se empregue nunha
mensaxe).
Envíoche un documento anexo que é copia dun artigo que escribín para a
revista Linguamática (http://linguamatica.com/index.php/linguamatica).
Independentemente de que decidan publicar ou non o artigo, escríboche porque
neste documento está (por fin) a descrición do comportamento da revisión que
fixen da verificación da morfoloxía verbal galega con hunspell (lembras que
che comentei cando comezaba o Nadal que ía dedicar esa temporada á
revisión?). Parte da versión GPL e fíxose coa intención de que figurase nas
versións seguintes. Agradeceríache que considerases a súa inclusión, eu non
atopei o xeito de poder subir arquivos á forxa nin rexistrándome nin de
ningún outro xeito. Ademais do comportamento que se describe no artigo,
corrixíronse multitude de erros na morfoloxía flexiva: ando a cen este
tempada (supoño que coma todo o mundo), pero se che interesase e cun pouco
de paciencia, podería buscar exemplos de cuestións deste tipo que se
corrixiron.
Unha cousiña máis, que xa comentei con Antón hai uns días; despois de
fedellar con todo isto, particularmente co analizador morfolóxico de
hunspell, paréceme importantísimo que se acadase unha distribución do
myspell-gl-es cos arquivos de afixos e de dicionario que manexan OpenOffice,
Firefox... A razón é que se contásemos con esta distribución, calquera que a
instalase pasaría a ter verificación ortográfica no gedit, no poedit, no
lokalize... Non sei se está nas vosas mans, pero a verdade é que sería
realmente interesante.
Só unha cousa máis, para que non teñas que chegar ao final do artigo para
saber onde están os arquivos coa revisión
http://webs.uvigo.es/miguelsolla/gl_ES.zip
O código está comentado, mesmo morfoloxicamente para o analizador, pero os
comentarios xenéricos do arquivos de afixos precisan aínda dunha
clarificación maior, fareina co tempo.
Envíolle tamén unha copia desta mensaxe ao "voso" lingüista.
Unha aperta

2009/1/23 Frco. Javier Rial <fjrial en cesga.es>
- Ocultar texto citado -

Estes cambios como podes ver só se incluíron na versión de desenvolvemento
mentres que o noso lingüista analiza si son ou non admisibles no corrector.

Polo de agora non foron propagados a ningures, até que non teñamos o visto
bo.

Cando teñamos todo revisado e validado, procederemos á creación dun novo tag
no svn e á propagación dos novos ficheiros  do corrector tanto para Mozilla
como OpenOffice.org etc...

Graciñas pola información que será tida en conta para a revisión destos
termos.

Un saúdo
Frco. Javier Rial Rodríguez
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100528/d40c6f53/attachment.htm>

Responderlle a