Sorry Adrián pero limpa un pouco o Changelog e dálle un formato
axeitado.
Saca o elementos que aÃnda non están metidos e que son suxestións
estudadas e aceptadas a un ficheiro chamado TODO e dentro del distingue
dúas zonas (ou máis).
<---------------------------
[ACCEPTED]
[TO VERIFY]
<---------------------------
Por outra banda os ChangeLog deben ter un formato semellante ao
seguinte:
<---------------------------
2008-12-09 Karl Berry <karl en gnu.org>
* Improvement done
* Another improvement
* Bugfixing [#123123] <-- número a ticket aberto
--------------------------->
Tamén serÃa conveniente levar este proceso nun sistema de xestión de
tickets como o Redmine que temos en Trasno.
Para o que falabas de ter un lugar onde subir os ficheiros eu
recoméndoche un svn ou o git que temos en Trasno, asà o que precise de
ditos ficheiros que os descargue desde o repositorio e podemos levar un
control dos cambios feitos.
Saúdos
O Dom, 30-05-2010 ás 21:58 +0200, Adrián Chaves Fernández escribiu:
> Bueno, aà vai empaquetado o que levo feito. En vez de pór as explicacións
> nesta mensaxe, lédeas do ficheiro «CHANGELOG» que vai no arquivo.