A partir de aquí http://i18n.debian.net/compendia/po/gl/
Conseguín facer un tmx de Debian, non sen problemas porque o ficheiro que se descarga está estragado e deume moito a lata. É raro que Debian faga isto mal pero, en fin, conseguino. Vouna publicar pero hai que recoñecer que aí está na súa plena expresión, sen ningunha dúbida, o problema da calidade das nosas traducións. Hai absolutamente de todo, desde traducións que non seguen a normativa e utilizan un modelo de lingua que se utiliza de forma totalmente marxinal ata castelanismos a tutiplén, erros ortográficos múltiples, inventos "desesperados e apresarados" e por suposto anglicismos, carencias e unha ampla falta de coherencia e harmonización de terminoloxía e estilo acumuladas durante tantos anos. Estou pensando nunha solución pero só é viábel se nos comprometemos a facer algo ao respecto. Pola miña parte, se Ubuntu deixa de ser a nosa distribución de referencia e dado que de Debian bebemos todos, usuarios e Administracións, podemos apoiarnos neste esforzo para sacar adiante unha versión moi mellorada da localización e a Guía de localización de Trasno, definitivamente. Ademais acaba de producirse o "frozen" creo da nova versión. Un saúdo, Antón _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

