saúdos a rolda

estou traducindo a interface do buscador DDG (duckduckgo) e teño un par de
dúbidas:

- [I'm feeling ducky]. Facendo un xogo de palabras ducky-lucky referindose
a probabilidade de que o primeiro resultado sexa "exactamente" o que
buscabas. Deixeino sen traducir pois creo que así ten un aquel, pero se
alguén ten  algunha suxestion...
- [disambiguation]. Aclarar o contexto do termo introducido. Existe
"desambiguación" en galego? ou temos outra palabra máis adecuada ao caso?
- [dropdown]. refírese a un dropdown menú, un icono no que pulsas e
desplégase unha lista de opcións

-[track]. Utilízase con duas acepcións:
            a. como "seguimento" de envío
            b, como o seguimento que fan os buscadores (non DDG) das túas
búsquedas. Aquí acae mellor "rastrexar", non?
http://www.realacademiagalega.org/dicionario/#searchNoun.do?current_page=1&nounTitle=rastrexar

utilizo Tiboxe e Glósima da web trasno, e antes podía realizar unha
búsqueda no "histórico" da lista de correo, pero perdín a ligazón a ese
sitio. Onde está? Seguramente xa foron discutidos e establecidas as normas
para a miña consulta.

grazas

-- 
*Xose M*
----------------
Non imprimas este correo electrónico se non é preciso.
----------------
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a