Convíña darlle un nome estable a este símbolo e analizar o problema de
"localización"

✓
☑

En inglés parece ser que lle chaman tick (carracha) pero en inglés
americano chámanlle check mark. Todos sabemos que se utiliza en
software como marca para "si" ou "comprobado". Ten un complementario,
oposto, a cruz, ou x mark en inglés.

☒ ✗, ✘,


Na nosa tradición, ese tipo de marcas confirmatorias sobre unha lista
eran/son máis ben unha cruz (Poña unha cruz sobre a resposta
correcta). Xustamente o contrario do que significa en localización de
software. Mentres que as marcas de "incorrección" son/eran unha raia
simple.

Como lle chamamos a ambos os dous símbolos?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a