2013/1/27 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> Ola,
>
>
>
> Hoxe estiven retomando o traballo de mellora do proxecto «hunspell-gl».
>
>
>
> No wiki de Trasno, na páxina do corrector, hai unha sección con listas de
> palabras que o corrector dá por malas, e que entendo que quen as engadiu á
> lista consideraba que debían darse por boas.
>
>
>
> A lista era inmensa. Xa eliminei as entradas que o Hunspell daba xa por
> boas, e eliminei tamén aquelas que o DRAG indica explicitamente que son
> incorrectas (o Hunspell, para estes casos, estaba xa preparado para suxerir
> a alternativa correcta). Ademais, marquei en verde aquelas que o DRAG dá por
> correctas, e que se engadirán ao corrector de contado.
>
>
>
> Porén, quedan outras moitas entradas sobre as que o DRAG non se pronuncia
> (non as dá por correctas, nin por incorrectas). E non sei que facer con
> elas. Que criterio ha de seguirse? As que forman parte dos acordos das
> trasnadas van ir nun módulo de seu, “trasno”. Pero co resto de entradas, non
> sei que facer.
>
>
>
> Non quixen eliminalas da lista de momento, xa que se hai unha fonte pro-RAG
> que as contemple (por exemplo, un dicionario específico dunha temática, como
> pode ser este con vocabulario da televisión), poderíase crear un módulo para
> o vocabulario contemplado nesa fonte en concreto (por exemplo:
> «televisión»). Pero ese exemplo de fonte pro-RAG é o único que coñezo, e non
> sei con que clase de fonte se poderán contrastar termos coma «minusvalorar»
> ou «profesionalizar».
>
>
>
> En fin, agradezo calquera achega.
>
>
>
> Un saúdo,
>
> Adrián
>
>
>
> PS: Leandro, tes actualizado cos resultados da Trasnada 12.1 o aplicativo
> web que pasaras despois da 12.0? Teño pensado usalo para crear o módulo
> “trasno”, e en calquera caso cómpreme telo a man cando traduzo.

Se te refires á paxina web de consulta dinámica, non houbo
actualizacións desde antes de verán (no contido).

Na última Trasnada deciudiuse cambiar a forma de tratar a
terminoloxía, reforma que aínda está pendente de botar a andar, pero
co tema da migración de servizos do sitio do Proxecto Trasno, algún
proxecto persoal, algunha tradución que estiven a facer, e tamén coa
busca de traballo ao final non lle dediquei todo o tempo que debería.
A ver se nos vindeiros días saco tempo para botar isto a andar dunha
vez xa.

Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a