Máis que benvido!,

O que máis se precisaría agora é encargarnos de Mozilla (e digo de
tradutor, de primeiras). Que che parecería?


2013/5/29 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> 2013/5/29 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
> > 2013/5/28 Cristian Estévez Hermida <cestevez2...@gmail.com>
> >>
> >> Ola,
> >> fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por aquel
> >> entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por mor
> das
> >> miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime
> conque xa
> >> está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha
> información
> >> de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está
> caída.
> >> Foi algún dos membros de Trasno?
> >> Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un novo
> >> proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba un
> novo
> >> tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador que
> uso
> >> de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
> >
> > Polo que respecta a Chromium, non é que estea abandonado, é que Google
> > pechou as traducións desde a comunidade. Non sabemos se é que pensan en
> > facelo pola súa conta (nun futuro, actualmente non están a facelo)  ou
> se é
> > que simplemente pasan de todo.
> >
> > Eu sigo supervisando os medios nos que se fixo a tradución e, como digo,
> > está todo sen modificacións dende vai xa bastante tempo.
>
> WordPress está sendo traducido por un grupo alleo ao Proxecto Trasno.
> Ata onde eu sei manteñen a tradución actualizada.
>
> En Firefox (máis ben todo Mozilla) o que están buscando non é só un
> novo tradutor, senón un novo coordinador. En todo caso seguro que un
> novo tradutor lles vén ben. O proceso de tradución, polo que sei, é
> bastante complicado. O actual coordinador non é que fixera moito por
> simplificalo, pero se aparece algún tradutor novo igual se anima a
> buscar un xeito de simplificalo.
>
> Respecto de outros proxectos, se non lembro mal pediron axuda hai uns
> días para actualizar a tradución da vindeira versión de LibreOffice,
> que emprega Pootle, así que se non te ves moi confiado sempre podes
> suxerir traducións para que despois se revisen. Ademais hai outros
> proxectos por aí que precisan axuda: a documentación de GNOME, KDE,
> Debian, ou podes coller algún proxecto que creo que non ten tradutores
> actualmente, como Inkscape ou Fedora.
>
> Deica
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a