Boas.

Non é tan sinxelo traducir en Mozilla. A min tardaron un ano en aceptarme o
primeiro envío con traducións. Ademais todo é máis complexo ca iso. Se
queres ser o coordinador vas ter que controlar con sistemas de control de
versións, de entrada con mercurial e svn. Terás que facer mérito ata que
acepten as túas traducións.

Se queres animarte, eu tentarei axudarche, pero nas próximas semanas
estarei desconectado, co que conta comigo para finais de xuño, antes
imposible. Primeiro vou tentar actualizar todas as traducións e despois
voume de vacacións.

Información sobre a tradución de Mozilla:
https://wiki.mozilla.org/L10n:Localization_Teams
https://wiki.mozilla.org/L10n:Starting_a_localization
https://developer.mozilla.org/en-US/docs/Localization_Quick_Start_Guide/Initial_setup
https://developer.mozilla.org/en-US/docs/Localization_Quick_Start_Guide/Translation_phase

Bótalle un ollo e xa me dis que che parece. Comentarche que cada 6 semanas
sae unha nova versión de todos os produtos, co que cada seis semanas hai
moito choio. Determinadas páxinas web tamén é obrigatorio traducilas, para
que che conserven ou saquen as versión oficiais en galego. Calculo unha
media de 5 horas de traballo a semana, o ideal son 10, para levar todo ao
día, tempo que eu agora non lle podo adicar.

Saúdos.


2013/5/29 Cristian Estévez Hermida <cestevez2...@gmail.com>

> Creo que o podo facer. A fin de contas, isto é un proxecto de software
> libre, así que ante as dúbidas podo contar con Trasno e coa comunidade en
> xeral para que me axude :)
> Que debería facer? Poñerme en contacto con anterior coordinador?
>
>
> 2013/5/29 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>
>
>> Máis que benvido!,
>>
>> O que máis se precisaría agora é encargarnos de Mozilla (e digo de
>> tradutor, de primeiras). Que che parecería?
>>
>>
>> 2013/5/29 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>
>>> 2013/5/29 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>>> > 2013/5/28 Cristian Estévez Hermida <cestevez2...@gmail.com>
>>> >>
>>> >> Ola,
>>> >> fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por
>>> aquel
>>> >> entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por
>>> mor das
>>> >> miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime
>>> conque xa
>>> >> está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha
>>> información
>>> >> de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está
>>> caída.
>>> >> Foi algún dos membros de Trasno?
>>> >> Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un
>>> novo
>>> >> proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba
>>> un novo
>>> >> tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador
>>> que uso
>>> >> de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
>>> >
>>> > Polo que respecta a Chromium, non é que estea abandonado, é que Google
>>> > pechou as traducións desde a comunidade. Non sabemos se é que pensan en
>>> > facelo pola súa conta (nun futuro, actualmente non están a facelo)  ou
>>> se é
>>> > que simplemente pasan de todo.
>>> >
>>> > Eu sigo supervisando os medios nos que se fixo a tradución e, como
>>> digo,
>>> > está todo sen modificacións dende vai xa bastante tempo.
>>>
>>> WordPress está sendo traducido por un grupo alleo ao Proxecto Trasno.
>>> Ata onde eu sei manteñen a tradución actualizada.
>>>
>>> En Firefox (máis ben todo Mozilla) o que están buscando non é só un
>>> novo tradutor, senón un novo coordinador. En todo caso seguro que un
>>> novo tradutor lles vén ben. O proceso de tradución, polo que sei, é
>>> bastante complicado. O actual coordinador non é que fixera moito por
>>> simplificalo, pero se aparece algún tradutor novo igual se anima a
>>> buscar un xeito de simplificalo.
>>>
>>> Respecto de outros proxectos, se non lembro mal pediron axuda hai uns
>>> días para actualizar a tradución da vindeira versión de LibreOffice,
>>> que emprega Pootle, así que se non te ves moi confiado sempre podes
>>> suxerir traducións para que despois se revisen. Ademais hai outros
>>> proxectos por aí que precisan axuda: a documentación de GNOME, KDE,
>>> Debian, ou podes coller algún proxecto que creo que non ten tradutores
>>> actualmente, como Inkscape ou Fedora.
>>>
>>> Deica
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a