2013/5/31 Fran Dieguez <lis...@mabishu.com>:
> On jue 30 may 2013 17:28:43 CEST, Leandro Regueiro wrote:

Elimino texto de mensaxes anteriores para non sobrecargar tanto.

>> Eu agora mismo, e vendo como está a cousa, suxiro pasarse a Pootle
>> pero xa. 7 horas é unha barbaridade, debería ser 1 hora semanal.
>> Mozilla ten un contrato con Translate (para a que estou traballando
>> agora mesmo) e case todos os días se anda a facer algo no Pootle que
>> teñen aloxado para Mozilla. Vou intentar facer un breve resumo de pros
>> e contras:
>>
>> Vantaxes:
>>
>> * No Pootle de Mozilla hai sincronizacións semanais (os venres)
>> # Esquecerse de obter as últimas traducións
>> # Esquecerse de facer merges de ficheiros (se é que se facían)
>> # Esquecerse de enviar as traducións
>> * Pootle mellorou ultimamente, e a versión que se emprega para Mozilla
>> é o último do último
>> # Vai como un tiro (ata onde é posible)
>> # A interface de tradución mellorou moitisimo
>> * Esquecerse de Transvision xa que se pode pedir que a base de datos
>> de traducións (corpus) estea en amaGama (tamén de Translate) e que
>> está conectado directamente co Pootle
>> * Suxestións de terminoloxía (habería que ver como crear ou importar a
>> terminoloxía, pero é factible)
>> * Revisións automáticas de erros, tendo en conta que non é tan potente
>> como Pology
>> * Podes baixar as traducións en formato PO
>> # Podes traducir en local, con calquera ferramenta CAT que che guste,
>> revisalas con Pology ou co que sexa, e subilas de volta ao Pootle
>> # Esquécete de traballar con formatos chungos como .properties e DTD
>> * Parece que hai un certo movemento cara Pootle na comunidade de
>> Mozilla, ou polo menos todas as semanas vexo que se engade algún
>> idioma novo ao Pootle de Mozilla.
>> * A importación inicial das traducións fáinola a xente de Translate,
>> pero iso si, as traducións mellor que estean no mercurial de Mozilla.
>> * Pootle permite enviar e revisar suxestións, o que permite traballar
>> equipos con tradutores que teñan un diferente nivel de control nisto
>> da tradución.
>> * Estívose traballando estes últimos días para que Pootle xere
>> directamente XPIs.
>> * Este método de traballo é máis fácil de documentar.
>>
>>
>> Problemas:
>>
>> * Non tes salvas de revisar bugs, nin remexer ata atopar o ficheiro
>> problemático, pero Pootle permite realizar buscas de cadeas.
>> * Só teñen importados un número limitado de proxectos, e a menos que
>> Mozilla amplíe o contrato vai quedar así por algún tempo:
>> http://mozilla.locamotion.org/projects/
>> # Non poderás empregar Pootle para traducir esas páxinas de promoción.
>> Paréceme un erro por parte de Mozilla non facilitar a tradución das
>> mesmas.
>> * Evidentemente tampouco nos librará de probar que as traducións
>> funcionan.
>> * Keko ten que aprender o novo sistema.
>>
>>
>> Seguro que me esqueceu algo nalgunha das dúas listas, pero creo que xa
>> están bastante completas.
>
> Leandro, grazas polo resumo.
>
> Sen dúbida, eu tiraría polo Pootle isto reduciría o traballo de xestión de
> ficheiros, compilación e demais. Por outra parte o programa de Aurora de
> Mozilla fai compilacións cada semana dos proxectos co que os tradutores non
> terían que compilar o programa.
>
> O esforzo que fixen eu é realmente minimizar o traballo colateral de
> comprobación de nova cadeas, sincronización de repositorios, etc. Avancei
> moito neste sentido xa axude en GNOME para implementar un servizo web onde
> podo consultar que modulos teñen cadeas sen traducir e polo tanto o meu
> fluxo de traballo é simplemente lanzar un aplicativo feito por min que
> sincroniza os proxectos que precisan traballo, abreme a ferramenta CAT co
> ficheiro en cuestión, eu traduzo, e en canto remato a tradución, fai
> comprobación técnica das traducións e súbeme ditas traducións.
> Como podedes ver o meu fluxo de traballo redúcese a traducir, e esquézome do
> resto.
>
> Voltando a Mozilla, salientaría que dado o actual esquema de traballo é
> imposíbel que unha persoa leve tantos proxectos. Falo especificamente de que
> se o equipo Galego de Mozilla non conta con recursos humanos para levar 8
> módulos (Firefox, Thunderbird, Sunbird, Mobil, Webs, ...) debería
> plantexarse seriamente deixar algún deles e quedarse cos máis importantes.
> Actualmente os que máis base de usuarios teñen son Firefox e Thunderbird. Co
> que eu centraría os esforzos nestes.

Pego a continuación extractos dunha conversa que tiven onte con Keko.
E inclúo respostas miñas.


> O Pootle é temporal, mozilla non se casa con poootle. Agora están apoiando
> algo o proxecto. Pero non están contentos. Eles non queren obrigar a nadie
> a utilizar un sistema ou outro.

Falei con Dwayne. É certo que desde Mozilla non se está forzando e nin
sequera recomendando que os tradutores empreguen este ou outro
sistema. Desde certo punto de vista iso pode verse como un erro grave.

Respecto de non casarse, polo que me comentou Dwayne no equipo de l10n
de Mozilla hai un grupo que está totalmente en contra de Pootle e
outro que o apoia totalmente e do que temos moito feedback. Quero
indicar que agora mesmo Mozilla está pagando para manter o Pootle para
Mozilla, e que ese Pootle permitiu a incorporación de algúns idiomas
novos.


> As traducións en Pootle non representan nin o 10% dos locales

Onte Dwayne botou contas e saen entre o 25% e o 40%. Non desbotou que
se inclúan novos idiomas, sobre todo dos cativos. É certo que ningún
dos grandes está alí, pero é porque teñen dinámicas de traballo moi
asentadas e/ou equipos con suficientes integrantes con ganas e
coñecementos para traballar contra Mercurial ou o que se poña por
diante (caso dos franceses) e non están polo labor de pasarse a
Pootle, pero tampouco é que lles faga falta.


> «Actualmente, uno de los problemas que tenemos es que las traducciones
> hechas en el pootle no llegan a nuestros servidores o llegan demasiado tarde
> porque Dwayne (jefe de Translate toolkit) tiene que convertir todo y hacer
> commit en nombre de los traductores»
> dito textualmente por un dos do equipo de l10n-drivers

Si, iso é certo. Pero hai que ter en conta que o Pootle se montou para
axudarlle aos equipos cativos, onde hai xente que igual nin sequera
sabe o que é un sistema de control de versións, e non imos ter a
Dwayne facendo commits todos os días. E todas as traducións
xestionadas no Pootle chegan aos repositorios.

Se os tradutores quixeran enviar os commits no seu nome supoño que
estarían dispostos a romper os cornos contra o Mercurial e que
tampouco empregarían o Pootle xa que igual non lles aportaba nada.

Non sei se as traducións chegan a tempo ou non, pero Dwayne díxome que
Aurora sempre se compila os luns e que el envía as traducións o venres
(aínda que lembro que algunha vez o fixo un sábado). Se houbera algún
problema por parte de Mozilla con que as traducións "chegan tarde"
terían creado o correspondente bug e teriase arranxado para que non
volvera pasar. Ou directamente terían roto o contrato para o Pootle.


> Tampouco me dixeron que cambiar de ferramenta me vaia aumentar o
> número de colaboradores, na súa experiencia nunca sucede iso.

Non se trata de atopar colaboradores, algo que pode pasar, senón de
simplificarche a vida a ti ou ao vindeiro coordinador. É dicir,
centrarse só en traducir, ter unha plataforma que permita a tradución
simultánea por parte de varias persoas (non como OmegaT) e esquecerse
do control de versións. E pareceríame raro que non vaian aparecer
colaboradores se simplificas o suficiente o sistema.

Dito isto ter o Pootle non quita que se poida empregar un programa
para traducir en local (OmegaT, Virtaal ou o que sexa) e despois subir
as traducións ao Pootle.


> O problema é que no Pootle só está Firefox e pouco máis.

Iso é certo ata certo punto. Ou segundo como se mire. Os proxectos
son: http://mozilla.locamotion.org/projects/

Pero hai que ter en consideración se nos convén manter todo canto
proxecto se nos pon por diante en vez de centrarnos nuns poucos.
Ademais se en Mozilla ven que hai unha tendencia a moverse cara
Pootle, ou se a suficiente xente o pide, incorporaranse máis
proxectos.


> Mozilla simplemente quere facilitar o traballo das comunidades e permite ou
> intenta que os tradutores teñan varias formas de realizar as traducións. Por 
> iso
> que penso que non é bo pasarse a pootle, porque non creo que metan máis
> proxectos aí.

Mozilla non vai recomendar isto ou o outro. Dentro do equipo de xefes
de l10n hai disensións. Algúns están totalmente en contra de Pootle e
outros están totalmente a favor (por iso se montou e Mozilla está
pagando para mantelo). Eu creo que se van engadir máis idiomas, sobre
todo entre os cativos. Na medida na que se vexa que a experiencia ten
éxito igual se engaden máis proxectos.

Pero insisto, queremos traducir moitos proxectos? Será mellor pasarse
a Pootle aínda que só sexa para algúns proxectos e así facilitar que
outras persoas axuden mentres ti te concentras neses outros proxectos
fóra de Pootle?


> Ademais tradúcese na rama aurora, cando nos traducimos en
> central (en desenvolvemento).

Pregunteille a Dwayne por que en Pootle se traduce sobre Aurora e non
sobre Central e díxome que non vía necesidade ningunha de estarse
matando todos os días a traducir cando están eliminando e engadindo
cadeas todos os días en Central. Se non lle entendín mal Central é
alfa e Aurora é beta, e como todos sabemos nunca se fai unha release
para usuarios desde unha póla alfa se hai unha póla beta.

De feito recomendoume que che dixera que te pasaras a Aurora para
traballar con máis calma. E tamén para traballar menos ao haber menos
cambios e haber máis tempo para traducir.


Resumindo: Keko recibiu moito FUD por parte de persoas que seguramente
están en contra de Pootle.

Quero comentar, creo que por enésima vez, que se está traballando en
mellorar o Pootle (e o resto da infrastrutura) para integrarse mellor
cos esquemas de Mozilla.

E por último, poderías describir con detalle todos os procesos que
require a tradución dos produtos de Mozilla e cales son eses produtos?
Igual así podemos ir vendo que é o que falla e onde hai cousas que se
poden mellorar. Senón é discutir por discutir.


Deica
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a