2013/4/30 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>: > Quen é capaz de asumir este proxecto?. Échenos máis que vital.
Só por saber, cantos proxectos hai en Mozilla? Hai algún máis dos que hai en http://mozilla.locamotion.org/projects/ ? Pregúntoo porque ultimamente estanse migrando unha chea de idiomas cara alí desde o hg, narro e incluso launchpad. Xa debemos levar como unha ducia en dúas semanas, e estaba pensando que igual era boa idea migrar o galego para alí tamén xa que a priori parece máis sinxelo empregar o Pootle, aínda que sexa só para descargar e enviar traducións. Deica > 2013/4/29 Enrique Estévez Fernández <e...@keko.me> >> >> Ola. >> >> Véxome superado polos acontecementos e sobre todo por unha falta de >> interese en seguir traducindo software libre ao galego. > > > Inda que agardo que a retomes :) > >> >> Estou meditando tomar un tempo á marxe para ver que fago e se decido ou >> non continuar colaborando coa comunidade. >> >> Como xa informei tempo atrás, non son capaz de manter os produtos de >> mozilla actualizados e non fun capaz de artellar un método de traballo no >> que a xente puidera colaborar. Tentei crear un novo sitio para a comunidade >> pero tampouco o conseguín e por último, xa nin temos lista de correo en >> galician.mozdev.com. Desapareceu e non sei porque. Non tiven nin tempo nin >> gañas de saber que pasou, meus coñecementos en inglés para a escritura son >> moi limitados e impiden que saque adiante determinadas cousas ao non poder >> comunicarme cos responsábeis dos proxectos. >> >> Agora debería saír Firefox OS, e parece que ahí tamén vai haber traballo, >> xa que non teñen pensado que saia en moitos idiomas. O galego non está entre >> eles, pero ten pinta de que outros moitos tampouco, e vai haber jaleo. >> >> Así que espero que alguén lle interese, para chegado o momento poder >> presentalo aos responsábeis de localización de Mozilla e que esa persoa >> aprenda como se fan as cousas. De min pouco pode aprender, xa que eu fago >> todo manualmente e unha das súas tarefas será automatizar a forma de >> traballar e que a xente poida colaborar. >> >> Saúdos. _______________________________________________ Proxecto mailing list Proxecto@trasno.net http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto