Ola.

Mira tamén o OmegaT a ver que é capaz de facer.
>

OmegaT funciona dun xeito particular. Cando creas un proxecto permíteche
definir onde están as cousas e senón o modificas de forma predeterminada
crea un cartafol dentro do proxecto (do cartafol do proxecto), para cada
cousa. Un para os ficheiros de orixe (source), outro para os ficheiros de
destino (target), outro para as memorias de tradución (tm), outro para os
glosarios (glossary), etc...

Non distingue entre ficheiros pot e po. Eu o que fago é darlle a ruta onde
teño os ficheiros .po, ou copiar ou importar os ficheiros .po dentro do
cartafol source. Normalmente fago o último. Le todos os ficheiros que metas
dentro do cartafol source, aínda que estean en subdirectorios e recoñece
todos os ficheiros que haxa nese cartafol se están dentro dos ficheiros de
formato compatíbeis, aínda que podes desactivar os filtros de ficheiros que
admite.

Se podo axudar con algunha dúbida máis, avisa.

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a