2013/9/23 Fran Dieguez <fran.dieg...@mabishu.com>:
> Ola meus,
>
> Venho de liberar as GNOME l10n tools, un conxunto de ferramentas para
> axudarlle aos tradutores de GNOME a centrarse na tradución esquecendo a
> tediosa tarefa de lidiar cos repositorios, lembrar ordes para verificación
> de traducións imposíbeis de lembrar, etc. O que podo traducir con
> sinceridade, un xoguete para min que me evita facer traballo repetitivo e
> aburrido.
>
> https://github.com/frandieguez/gnome-l10n-tools/
>
> Quizáis non sexa de interese para a maioría de vos xa que son un conxunto de
> ferramentas que están moi centradas en GNOME e no fluxo de traballo do
> proxecto. Porén si que pode ser de interese a súa modificación, mellora e
> inclusión de novas ferramentas que poidan ser de interese noutros proxectos.
>
> Que ten g-l-t?
> --------------
>
> GNOME l10n tools conéctase directamente co servizo web de Damned Lies
> (l10n.gnome.org) para obter estatísticas en tempo real das traducións e
> conta con varias ordes para usar nos módulos de GNOME (copio e pego a saída
> que lista todas as ordes):
>
> module
>   module:commit         Commits available changes to local repository
>   module:download       Clones the repository for a given module
>   module:push           Pushes changes to GNOME repository
>   module:reset          Discards local changes in the module repository
>   module:review         Resets the module local repository
>   module:review:spell   Spelling review for a given module
>   module:translate      Opens editor for the updated translations file of a
> module
> workflow
>   workflow:full         Allows to translate a release set into a language
>
> A orde de máis interese é workflow:full á cal recibe o release_set
> (gnome-3-10, gnome-3-8, gnome-extras, ...) no que queres traballar e devolve
> as estatísticas en tempo real dos módulos que non están traducidos
> completamente. Para posteriormente darche a opción de traducir un deles.
> Logo disto realiza os pasos necesarios para actualizar a copia local, lanzar
> un editor de ficheiros de tradución, e en canto o usuario remata a tradución
> remite as traducións ao repositorio de GNOME (se pasan unhas comprobacións
> previas).
>
> Por outro lado outras dúas ordes de interese son module:review e
> module:review:spell as cales realizar comprobacións con posieve segundo as
> regras existentes para o mesmo, no caso da primeira orde, e verificar a
> ortografía das traducións mediante dicionarios hunspell, no caso da segunda.
>
> Tenho xa pensadas máis ordes a incluír no tocante a tradución de
> documentación, revisión técnica, xeración de estatísticas locais, exportado
> automático de memorias de tradución en varios formatos e algunha máis.
>
> Agardo que se vos sexa de interese, axudedes no proxecto. En caso contrario,
> toda contribución de ideas para novas ordes é máis que benvida.
>
> Saúdos
>

Sen dúbida é moi interesante. Pensaches en presentalo publicamente en
lista internacionais? polo menos nas de Gnome.

Unhas utilidades ambiciosas

- posibilidade de idicarlle unha revisión personalizada: por exemplo
que se deteña e pregunte cando aparezan determinadas palabras
-almacenadas nun ficheiro-... buscando o fallo. (igual isto co posieve
xa está )
- xeración dunha lista de termos candidatos (lista de palabras
significativas aínda que só aparezan 1 vez, sen palla: sen comúns,
variantes de número ou xénero e conxugación)
- aliñamento desa lista de termos no bitexto, é dicir, que dada unha
palabra na lingua orixe poida calcular aproximadamente (e realzala
visualmente) a tradución dentro non só dun ficheiro, senón dun
proxecto.
- posibilidade de extraer a lista de palabras e o seu contexto
anterior e posterior

Pódese divulgar como proxecto ou aínda o queres manexar como algo doméstico?



> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a