On mar 24 sep 2013 15:30:35 CEST, Fran Dieguez wrote:
On 24/09/13 13:23, Leandro Regueiro wrote:

Parece que ultimamente a moda é facer ferramentas de liña de ordes que
se integren coa API de ferramentas de tradución (ou algo polo estilo)
web.

Eu levo usando/creando ferramentas deste tipo durante algún tempo.
Alédome que máis xente as cree, sobre todo se son útiles para
automatizar tarefas repetitivas.

Estas ferramentas son unha "resposta" á negativa de GNOME a usar
Transifex ou algunha ferramenta que se centre na tradución do software
e non o traballo e xestión de repositorios. Polo que comentei
anteriormente suxe dunha necesidade.

Isto requerirá moita maxia negra, creo eu.
+1

Falando do Trobador, Fran poñémonos a ver se lle damos un chisco máis
para adiante? Por exemplo gustaríame traballar na parte de que
Trobador devolva todos os resultados de golpe para unha busca dada e
despois con JavaScript permitir especificar traducións e ir filtrando
e contando as coincidencias. Eu podo ocuparme do JavaScript para isto.
Ademais cómpre mellorar a parte na que se permiten subir TMXs a chuzo
e crear automaticamente proxectos e versións.

Envío de novo o documento coas cousas que habería que arranxar, aínda
que con dúas ou tres xa me vou conformando:
https://docs.google.com/document/d/18TPnwhV6ngOtFU2e8ilgH6hUS9b27W6TRC83px4Eu5Y/edit


Trobador, precisa de moito traballo incluso dunha rescrita completa
para a súa optimización e estensibilidade. Tenho dous meses algo
atarefados pero logo diso podemos revisitar o proxecto e darlle un bo
empurrón.

Saúdos

Engadin unha nova orde

The <info>tm:release</info> creates a translation memory for a given release.

Downloads the tarball compendium for a given release set and part (default: ui),
and creates the po and tmx compendiums.

Asi que se queredes podo facervos un TMX para cada versión de GNOME (UI e docs) ao voo.

Saúdos
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a