Boas! Chámome María Fosado e acabo de unirme a este proxecto tan interesante e tan preciso. En maio rematei a Licenciatura en Tradución e Interpretación na Universidade de Vigo e recentemente estou cursando o Máster para Profesorado na mesma Universidade. Teño competencia en seis linguas: galego, español, inglés, francés, portugués e alemán e as miñas ramas favoritas no campo da tradución son a tradución multimedia, a localización web e a tradución musical. Como podedes intuír, son unha afeccionada ás linguas e ás TIC e agora tamén a este proxecto, que é unha síntese de ámbalas dúas. Por outra banda, apaixóname a música, a quen lle adico gran parte do meu tempo de lecer desde que teño uso de memoria. Canto e toco diversos instrumentos. Recentemente, tomei a decisión de formar parte do mundo profesional como tradutora, intérprete e redactora freelance. E así, en síntese, esta son eu! Calquera dúbida, non dubidedes en contactar comigo! ;) Boa noite!
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

