Benvida. Hai bastante software por traducir, ou completar ou revisar nos campos que che interesan. Non teño tempo agora, pero a proposta de Xosé parece un bo lugar para comezar.
Únome á proposta de que te achegues á Trasnada que estamos argallando para este sábado: http://www.trasno.net/2013/11/a-trasnada-13-0-o-proxecto-trasno-xuntase-en-compostela/ Deica 2013/11/14 Xosé <[email protected]>: > Que ben! Preciso de axuda para MuseScore (http://musescore.org/gl), o > software de edición de partituras. Podes ir a > > ** http://musescore.org/administer-guidelines/translation-instructions para > as instrucións xenéricas (non fagas caso da sección Translate the website > interface) > > ** https://www.transifex.com/projects/p/musescore/ para traducir o software > > Xosé > > > 2013/11/14 Antón Méixome <[email protected]> >> >> Moi ben vida! >> >> Sería excelente que puideses vir á Trasnada e senón pois xa nos vemos por >> aquí. >> >> Antón Méixome >> >> 2013/11/14 Xabier Villar <[email protected]>: >> > Pola parte de "culpa" que poida ter en que esteas por aquí, espero ser o >> > primeiro en darche a benvida! :) >> > >> > Como xa che comentei, pola túa formación seguramente poidas aportar >> > moito, >> > así que é unha ledicia sumar unha mais. >> > >> > Como consello para ir empezando, non teñas presa por abarcar todo de >> > primeiras, pero tampouco deixes que os detalles te boten para atrás. >> > Segundo >> > vaias coñecendo un pouco mais o proxecto e poidas decidir que é o que >> > podes >> > e queres aportar, estaremos aquí para axudarche e guiarte. >> > >> > Se podes aproveitar a pasar pola Trasnada do sábado, sería unha boa >> > ocasión >> > para coñecerte e darche a coñecer de primeira man o traballo que se fai, >> > e >> > se non, cando che cadre ben buscamos un momento para tomar unha cervexa >> > e >> > explícoche o que precises. Sendo veciños de concello, malo será que non >> > nos >> > cadre ben algún dia! :) >> > >> > Un saúdo!! >> > >> > >> > >> > 2013/11/14 María Fosado <[email protected]> >> >> >> >> Boas! >> >> >> >> Chámome María Fosado e acabo de unirme a este proxecto tan interesante >> >> e >> >> tan preciso. En maio rematei a Licenciatura en Tradución e >> >> Interpretación na >> >> Universidade de Vigo e recentemente estou cursando o Máster para >> >> Profesorado >> >> na mesma Universidade. Teño competencia en seis linguas: galego, >> >> español, >> >> inglés, francés, portugués e alemán e as miñas ramas favoritas no campo >> >> da >> >> tradución son a tradución multimedia, a localización web e a tradución >> >> musical. >> >> >> >> Como podedes intuír, son unha afeccionada ás linguas e ás TIC e agora >> >> tamén a este proxecto, que é unha síntese de ámbalas dúas. Por outra >> >> banda, >> >> apaixóname a música, a quen lle adico gran parte do meu tempo de lecer >> >> desde >> >> que teño uso de memoria. Canto e toco diversos instrumentos. >> >> Recentemente, >> >> tomei a decisión de formar parte do mundo profesional como tradutora, >> >> intérprete e redactora freelance. >> >> >> >> E así, en síntese, esta son eu! Calquera dúbida, non dubidedes en >> >> contactar comigo! ;) >> >> >> >> Boa noite! >> >> >> >> _______________________________________________ >> >> Proxecto mailing list >> >> [email protected] >> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> >> >> > >> > >> > >> > -- >> > >> > Xabier Villar >> > >> > _______________________________________________ >> > Proxecto mailing list >> > [email protected] >> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > > > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

