Moi ben vida! Sería excelente que puideses vir á Trasnada e senón pois xa nos vemos por aquí.
Antón Méixome 2013/11/14 Xabier Villar <[email protected]>: > Pola parte de "culpa" que poida ter en que esteas por aquí, espero ser o > primeiro en darche a benvida! :) > > Como xa che comentei, pola túa formación seguramente poidas aportar moito, > así que é unha ledicia sumar unha mais. > > Como consello para ir empezando, non teñas presa por abarcar todo de > primeiras, pero tampouco deixes que os detalles te boten para atrás. Segundo > vaias coñecendo un pouco mais o proxecto e poidas decidir que é o que podes > e queres aportar, estaremos aquí para axudarche e guiarte. > > Se podes aproveitar a pasar pola Trasnada do sábado, sería unha boa ocasión > para coñecerte e darche a coñecer de primeira man o traballo que se fai, e > se non, cando che cadre ben buscamos un momento para tomar unha cervexa e > explícoche o que precises. Sendo veciños de concello, malo será que non nos > cadre ben algún dia! :) > > Un saúdo!! > > > > 2013/11/14 María Fosado <[email protected]> >> >> Boas! >> >> Chámome María Fosado e acabo de unirme a este proxecto tan interesante e >> tan preciso. En maio rematei a Licenciatura en Tradución e Interpretación na >> Universidade de Vigo e recentemente estou cursando o Máster para Profesorado >> na mesma Universidade. Teño competencia en seis linguas: galego, español, >> inglés, francés, portugués e alemán e as miñas ramas favoritas no campo da >> tradución son a tradución multimedia, a localización web e a tradución >> musical. >> >> Como podedes intuír, son unha afeccionada ás linguas e ás TIC e agora >> tamén a este proxecto, que é unha síntese de ámbalas dúas. Por outra banda, >> apaixóname a música, a quen lle adico gran parte do meu tempo de lecer desde >> que teño uso de memoria. Canto e toco diversos instrumentos. Recentemente, >> tomei a decisión de formar parte do mundo profesional como tradutora, >> intérprete e redactora freelance. >> >> E así, en síntese, esta son eu! Calquera dúbida, non dubidedes en >> contactar comigo! ;) >> >> Boa noite! >> >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >> > > > > -- > > Xabier Villar > > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

