Moi boas a tod@s.

Veño de sumarme ao grupo de axuda de Trasno.

Teño especial interese en poder incrementar a presenza da nosa língua no mundo informático.

Por desgraza, non dispoño de moitos coñecementos neste eido. Malia todo, e tendo en conta os pulos que dades na vosa web, conto con que poida ter alguha utilidade.

Non me importa se teño que esforzarme un chisco co inglés e coa informática; pero quixera saber se é posíbel traducir bases de datos. Isto é, se se me pode enviar un arquivo con sentenzas, verbas... en inglés, para traducir ao galego.

Ben, agardo que non me desborde esta empresa e poida aportar a miña axuda.

Apertas a tod@s.
Trilino.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a