Ola Trilino,

Tamén che dou a benvida e interpreto da túa mensaxe de presentación o
que di Miguel Branco, que prefires comezar traducindo sobre unha
batería de frases almacenadas en vez de facelo manexando ficheiros.

Se é así entón o teu punto de inicio debería ser un sistema de
tradución en rede tipo Pootle, Transifex, Launchpad ou semellantes (se
non sabes o que son busca en Internet ou dínolo e guiámoste).

Confírmanos esta interpretación e podemos asignarche e tutorizarche
algunha das traducións que hai en marcha.

2013/11/19 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> Máis que benvido!
>
> Especifica un pouco máis, como é iso da base de datos?. Entendo que non
> falas de aplicacións para xestión de bases de datos senón que te refires a
> traducir un proxecto calquera no que teñas cadeas orixinais e simplemente
> precises "cubrir" a tradución, non é?.
>
>
> 2013/11/16 Cachaldora <fuertescachald...@gmail.com>
>>
>> Moi boas a tod@s.
>>
>> Veño de sumarme ao grupo de axuda de Trasno.
>>
>> Teño especial interese en poder incrementar a presenza da nosa língua no
>> mundo informático.
>>
>> Por desgraza, non dispoño de moitos coñecementos neste eido. Malia todo, e
>> tendo en conta os pulos que dades na vosa web, conto con que poida ter
>> alguha utilidade.
>>
>> Non me importa se teño que esforzarme un chisco co inglés e coa
>> informática; pero quixera saber se é posíbel traducir bases de datos. Isto
>> é, se se me pode enviar un arquivo con sentenzas, verbas... en inglés, para
>> traducir ao galego.
>>
>> Ben, agardo que non me desborde esta empresa e poida aportar a miña axuda.
>>
>> Apertas a tod@s.
>> Trilino.
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a