Máis que benvido! Especifica un pouco máis, como é iso da base de datos?. Entendo que non falas de aplicacións para xestión de bases de datos senón que te refires a traducir un proxecto calquera no que teñas cadeas orixinais e simplemente precises "cubrir" a tradución, non é?.
2013/11/16 Cachaldora <[email protected]> > Moi boas a tod@s. > > Veño de sumarme ao grupo de axuda de Trasno. > > Teño especial interese en poder incrementar a presenza da nosa língua no > mundo informático. > > Por desgraza, non dispoño de moitos coñecementos neste eido. Malia todo, e > tendo en conta os pulos que dades na vosa web, conto con que poida ter > alguha utilidade. > > Non me importa se teño que esforzarme un chisco co inglés e coa > informática; pero quixera saber se é posíbel traducir bases de datos. Isto > é, se se me pode enviar un arquivo con sentenzas, verbas... en inglés, para > traducir ao galego. > > Ben, agardo que non me desborde esta empresa e poida aportar a miña axuda. > > Apertas a tod@s. > Trilino. > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto >
_______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

