2014/1/8 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
> E xa que estamos, outras dúas:
>
> - Event (mil veces discutida, agora estou a usar "evento"
> env:development; acontecemento,suceso,actividade (a comenencia)

Non sei se o pillo ben. Eu aplico como criterio o seguinte: «evento»
de programación ou de comportamento programado pero «actividade» cando
se trata dun acto social. A pesar da moda anglófona machacante de
chamarlle *evento a calquera reunión social é necesario defender o
valor tradicional da palabra que é xustamente un antónimo do valor
inglés. Evento é algo inesperado, imprevisto ou sorprendente: evento
climático, traballo eventual, evento histórico  .... é unha batalla
case perdida.

> - Node (en cousas de grafos e cousas concretas "nodo", sobretodo
> cousas con matemáticas ou física polo medio, e penso que para os
> demais casos o correcto debe ir por "nó")
>

Si, creo que pode ser aplicable o valor 2 da definición académica
entre astronómico e físico
http://www.realacademiagalega.org/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=325171

En xeral, sempre se pode utilizar «nodo» como cultismo nos valores
xerais (de aí por exemplo falara de redes "nodais", ou "nodulares" que
é un diminutivo de nodo)  pero é recomendable utilizar a patrimonial
«nó» cando se trate de indicar atado ou núcleo: as redes fanse con
nós.

>
> 2014/1/8, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>> 2014/1/7 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>>> Xa postos: "event".
>>
>> Xa estaba na lista, cambieille a prioridade.
>>
>> Deica
>>
>>> 2014/1/6, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>> 2014/1/6 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>>>>> E tamén "toggle" e expresións relacionadas ( algo/oposto principalmente)
>>>>
>>>> Engadido
>>>>
>>>>> Collecting xustamente foi aparecer á beira dunha palabra que ten
>>>>> "compilador" na súa raíz.
>>>>>
>>>>> 2013/12/31, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>>>> 2013/12/31 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>>>>>>> 2013/12/15, mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>>>>>>>> Anexo (D.m) un ficheiro con regras do pology para estes acordos.
>>>>>>>>
>>>>>>>> Xusto por baixo da licenza vai un exemplo de orde para usalo.
>>>>>>>>
>>>>>>>> =====
>>>>>>>> Así polas probas rápidas que fun facendo aparéntaseme que polas
>>>>>>>> vindeiras trasnadas habería que falar de:
>>>>>>>> -  wallpaper
>>>>>>>> -  tooltip
>>>>>>>> -  host
>>>>>>>> -  central time
>>>>>>>> -  browse (en local, non en navegador)
>>>>>>>> -  press (non de periodismo, senón de calcar)
>>>>>>>
>>>>>>> E máis:
>>>>>>> - Collecting
>>>>>>
>>>>>> Anotados, aínda que o de "collecting" non o entendo moi ben.
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>>>> Que vaia ben (se sae algún erro do pology que paralice a execuciòn,
>>>>>>>> avisade)
>>>>>>>
>>>>>>> Había, había.
>>>>>>
>>>>>>
>>>>>> Deica
>>>>>> _______________________________________________
>>>>>> Proxecto mailing list
>>>>>> Proxecto@trasno.net
>>>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>>>
>>>>> _______________________________________________
>>>>> Proxecto mailing list
>>>>> Proxecto@trasno.net
>>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a