2014/1/15 Antón Méixome <[email protected]>: > 2014/1/8 mvillarino <[email protected]>: >> E xa que estamos, outras dúas: >> >> - Event (mil veces discutida, agora estou a usar "evento" >> env:development; acontecemento,suceso,actividade (a comenencia) > > Non sei se o pillo ben. Eu aplico como criterio o seguinte: «evento» > de programación ou de comportamento programado pero «actividade» cando > se trata dun acto social. A pesar da moda anglófona machacante de > chamarlle *evento a calquera reunión social é necesario defender o > valor tradicional da palabra que é xustamente un antónimo do valor > inglés. Evento é algo inesperado, imprevisto ou sorprendente: evento > climático, traballo eventual, evento histórico .... é unha batalla > case perdida.
Creo que se acordara nunha discusión empregar: * «evento» para os eventos de rato, SO e polo estilo. * «actividade» (ou algo semellante) para "eventos" do mundo real (con persoas e iso). Creo que sería cuestión de discutilo rápido na vindeira Trasnada e xa está. >> - Node (en cousas de grafos e cousas concretas "nodo", sobretodo >> cousas con matemáticas ou física polo medio, e penso que para os >> demais casos o correcto debe ir por "nó") >> > > Si, creo que pode ser aplicable o valor 2 da definición académica > entre astronómico e físico > http://www.realacademiagalega.org/dicionario_rag/loadNoun.do?current_page=1&id=325171 > > En xeral, sempre se pode utilizar «nodo» como cultismo nos valores > xerais (de aí por exemplo falara de redes "nodais", ou "nodulares" que > é un diminutivo de nodo) pero é recomendable utilizar a patrimonial > «nó» cando se trate de indicar atado ou núcleo: as redes fanse con > nós. Anotei para a vindeira Trasnada: * «event» * «node» * «frame» Algúns destes xa estaban incluídos alí. Facédeme o favor de abrir un fío separado para as peticións. Moitas grazas. Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

