Xenial!. Tampouco caera eu na localización de Cyanogen.

Polo que vexo, o subido en transifex é a tradución oficial no proxecto.
Espero que aproben o grupo e axudo tamén a chiscos.



2014-01-28 Isaac Álvarez Veiga <ialvarezv2...@gmail.com>

> Ola a todos e a todas:
>
> Hoxe dispúxenme a instalar CyanogenMod no meu dispositivo, coa sorpresa de
> que non está localizado ao galego. Despois de buscar un pouco pola súa
> páxina, nin sequera hai un proxecto de localización deste sistema operativo
> móbil ao galego.
>
> Eu intentarei traducir o que poida, mentres teña tempo.
> Para os interesados, nesta 
> ligazón<http://wiki.cyanogenmod.org/w/Doc:_Translation_Guide>tedes a guía (en 
> inglés) do proceso de tradución (aínda que para o meu
> gusto explica moi poucas cousas).
>
> Atopei tamén este 
> proxecto<https://www.transifex.com/projects/p/cmtx_11/language/es/>de 
> localización ao español en Transifex, mais descoñezo se é algo oficial
> ou se o que se fai aquí chega a ter relevancia no sistema operativo ou non.
> Polo de mentras eu solicitei mediante esta páxina a localización ao galego,
> supoño que alguén terá que aprobala para que se poda levar a cabo.
>
> Un saúdo a todos.
>
> --
> Isaac Álvarez Veiga
> Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español
> Estudiante do Mestrado en Tradución Multimedia
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a