Hai unhas semanas atopei de casualidade en Transifex o proxecto oficial de tradución de CyanogenMod 11 e vin que dentro dese proxecto estábase a traballar na localización ao galego cousa que me aledou moito xa que é a ROM que uso no meu móbil. Outro día que visitei a web do proxecto vin que o administrador avisaba de que ía trasladar o mesmo (incluíndo todas as traducións feitas ata ese intre) a outra web de localización porque dicía que había algún problema con Transifex e CyanogenMod.
Hai uns días tentei entrar na web de proxecto en Transifex (https://www.transifex.com/projects/p/cmtx_11/) pero xa foi eliminada. Despois de buscar atopei o novo sitio onde trasladaron o proxecto (https://crowdin.net/project/cyanogenmod) pero vexo que non está o galego. Coido que na tradución aloxada en Transifex estaba traballando algunha xente desta lista, non sei se algún de vós sabe que pasou con ese traballo e por que non aparece na nova web. Saúdos. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

