2014-04-07 22:51 GMT+02:00 Xosé <[email protected]>: > O día 17 de abril publícase a Ubuntu 14.04. Nos últimos meses > dediqueime case en exclusiva a traducir as descricións de paquetes > (DDTP, https://translations.launchpad.net/ddtp-ubuntu/trusty/+lang/gl > ). Aumentei o número en varios miles (realmente non sei cantos porque > as traducións fóronse incluíndo nas edicións anteriores); motivoume o > feito de que cando animo alguén a que busque software para algo > específico as descricións están en inglés e, se xa lle teñen medo ao > software descoñecido, máis se non entenden para que vale. Por pouco > pero estamos na sétima posición, aínda que as case 20.000 cadeas que > van traducidas (non só por min, eh!) só representan o 20% do total. > > Preferiría ter feito estas traducións en Debian pero, como comentei > nun fío anterior, non fun quen de abrir unha conta. Un comentario de > estilo: as traducións comezan con maiúscula independentemente de como > estean no orixinal, coa excepción de que a primeira palabra sexa unha > orde ou un nome de programa que comece por minúscula. Isto débese a > que os orixinais nótase que foron obtidos por medios semi-automáticos > e non son coherentes neste sentido. As traducións, si. > > Non sei como facer coas memorias de tradución; non sei se se inclúen > na memoria de Ubuntu 14.04 ou non. Penso que non pero non as vin entre > as memorias de tradución anteriores. Non son tan útiles como outras: > non hai tantos Quit/Save as/OK e si moitas cadeas que varían por pouco > pero que hai que traducir á man.
Para facer a memoria de tradución abonda con seguir as indicacións de http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx Descoñezo se os textos do DDTP se inclúen nas traducións de Ubuntu, así que non sei se será realmente necesario crear un TMX á parte. Eu fariao de todos os xeitos xa que é un grupo de traducións especializadas e dun gran volume, o que desde o meu punto de vista xustifica a creación dun TMX separado. Se non queredes crear o TMX podo facelo eu. Deica > Quen podería... > > 1) Aproveitar estas traducións e pasalas a Debian? > > 2) Facer o mesmo para o que sexa equivalente en rpm? > > Xosé > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

