2014-04-11 13:51 GMT+02:00 Jorge Barreiro <[email protected]>: > > O Luns, 7 de Abril de 2014 22:51:27 Xosé escribiu: >> O día 17 de abril publícase a Ubuntu 14.04. Nos últimos meses >> dediqueime case en exclusiva a traducir as descricións de paquetes >> (DDTP, https://translations.launchpad.net/ddtp-ubuntu/trusty/+lang/gl >> ). Aumentei o número en varios miles (realmente non sei cantos porque >> as traducións fóronse incluíndo nas edicións anteriores); motivoume o >> feito de que cando animo alguén a que busque software para algo >> específico as descricións están en inglés e, se xa lle teñen medo ao >> software descoñecido, máis se non entenden para que vale. Por pouco >> pero estamos na sétima posición, aínda que as case 20.000 cadeas que >> van traducidas (non só por min, eh!) só representan o 20% do total. >> >> Preferiría ter feito estas traducións en Debian pero, como comentei >> nun fío anterior, non fun quen de abrir unha conta. Un comentario de >> estilo: as traducións comezan con maiúscula independentemente de como >> estean no orixinal, coa excepción de que a primeira palabra sexa unha >> orde ou un nome de programa que comece por minúscula. Isto débese a >> que os orixinais nótase que foron obtidos por medios semi-automáticos >> e non son coherentes neste sentido. As traducións, si. >> >> Non sei como facer coas memorias de tradución; non sei se se inclúen >> na memoria de Ubuntu 14.04 ou non. Penso que non pero non as vin entre >> as memorias de tradución anteriores. Non son tan útiles como outras: >> non hai tantos Quit/Save as/OK e si moitas cadeas que varían por pouco >> pero que hai que traducir á man. >> >> Quen podería... >> >> 1) Aproveitar estas traducións e pasalas a Debian? >> >> 2) Facer o mesmo para o que sexa equivalente en rpm? >> >> Xosé > > Boas, > > o tema do DDTP en Debian está bastante precario. Por algún tema de > configuración do servidor de correo que usan, a algunhas contas non chegan as > mensaxes. Eu probei cunha conta de hotmail e nunca chegou nada, pero si con > gmail. > > De todas formas as opcións que se ofrecen por un lado é unha interface web > bastante cativa, e a opción de recibir e enviar traducións por correo, usando > un determinado formato. Esta última opción resulta máis interesante, porque > permitiría traducir en local usando a ferramenta que se prefira, e crear algún > script que facilite o traballo, ou importar automaticamente desde as > traducións de ubuntu. > > Que eu saiba, ubuntu importa periodicamente as traducións do DDTP de Debian, > machacando as traducións existentes en ubuntu en caso de conflito. En sentido > contrario non teño noticia de que haxa nada. > > Vou consultar nas listas de Debian, a ver se hai algo. Se non, podo tratar de > facer un script que pase as traducións a Debian usando a interface de correos. > Supoño que as licenzas das traducións en ubuntu o permiten sen problemas, non?
En calquera caso o tradutor, Xosé, pode pasarche os orixinais, así que problema nese sentido non ha haber. Vou probar a crear unha memoria para estas traducións. Así quedan gardadiñas para o futuro. Deica _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

