Claro, é o que non sei e o que esperaba saber, se as traducións están incluídas ou non, por iso non teño feitas as memorias. De estáreno, sobra repetilas.
Xosé 2014-04-11 12:57 GMT+02:00 Leandro Regueiro <[email protected]>: > 2014-04-07 22:51 GMT+02:00 Xosé <[email protected]>: >> O día 17 de abril publícase a Ubuntu 14.04. Nos últimos meses >> dediqueime case en exclusiva a traducir as descricións de paquetes >> (DDTP, https://translations.launchpad.net/ddtp-ubuntu/trusty/+lang/gl >> ). Aumentei o número en varios miles (realmente non sei cantos porque >> as traducións fóronse incluíndo nas edicións anteriores); motivoume o >> feito de que cando animo alguén a que busque software para algo >> específico as descricións están en inglés e, se xa lle teñen medo ao >> software descoñecido, máis se non entenden para que vale. Por pouco >> pero estamos na sétima posición, aínda que as case 20.000 cadeas que >> van traducidas (non só por min, eh!) só representan o 20% do total. >> >> Preferiría ter feito estas traducións en Debian pero, como comentei >> nun fío anterior, non fun quen de abrir unha conta. Un comentario de >> estilo: as traducións comezan con maiúscula independentemente de como >> estean no orixinal, coa excepción de que a primeira palabra sexa unha >> orde ou un nome de programa que comece por minúscula. Isto débese a >> que os orixinais nótase que foron obtidos por medios semi-automáticos >> e non son coherentes neste sentido. As traducións, si. >> >> Non sei como facer coas memorias de tradución; non sei se se inclúen >> na memoria de Ubuntu 14.04 ou non. Penso que non pero non as vin entre >> as memorias de tradución anteriores. Non son tan útiles como outras: >> non hai tantos Quit/Save as/OK e si moitas cadeas que varían por pouco >> pero que hai que traducir á man. > > Para facer a memoria de tradución abonda con seguir as indicacións de > http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx > > Descoñezo se os textos do DDTP se inclúen nas traducións de Ubuntu, > así que non sei se será realmente necesario crear un TMX á parte. Eu > fariao de todos os xeitos xa que é un grupo de traducións > especializadas e dun gran volume, o que desde o meu punto de vista > xustifica a creación dun TMX separado. > > Se non queredes crear o TMX podo facelo eu. > > Deica > >> Quen podería... >> >> 1) Aproveitar estas traducións e pasalas a Debian? >> >> 2) Facer o mesmo para o que sexa equivalente en rpm? >> >> Xosé >> _______________________________________________ >> Proxecto mailing list >> [email protected] >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto > _______________________________________________ > Proxecto mailing list > [email protected] > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

