2014-04-11 13:00 GMT+02:00 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
> Claro, é o que non sei e o que esperaba saber, se as traducións están
> incluídas ou non, por iso non teño feitas as memorias. De estáreno,
> sobra repetilas.

Acabo de decatarme de que se estaba a discutir un tema de Ubuntu sen
enviar as mensaxes á rolda correspondente tamén.

Deica

> Xosé
>
> 2014-04-11 12:57 GMT+02:00 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>> 2014-04-07 22:51 GMT+02:00 Xosé <xoseca...@gmail.com>:
>>> O día 17 de abril publícase a Ubuntu 14.04. Nos últimos meses
>>> dediqueime case en exclusiva a traducir as descricións de paquetes
>>> (DDTP, https://translations.launchpad.net/ddtp-ubuntu/trusty/+lang/gl
>>> ). Aumentei o número en varios miles (realmente non sei cantos porque
>>> as traducións fóronse incluíndo nas edicións anteriores); motivoume o
>>> feito de que cando animo alguén a que busque software para algo
>>> específico as descricións están en inglés e, se xa lle teñen medo ao
>>> software descoñecido, máis se non entenden para que vale. Por pouco
>>> pero estamos na sétima posición, aínda que as case 20.000 cadeas que
>>> van traducidas (non só por min, eh!) só representan o 20% do total.
>>>
>>> Preferiría ter feito estas traducións en Debian pero, como comentei
>>> nun fío anterior, non fun quen de abrir unha conta. Un comentario de
>>> estilo: as traducións comezan con maiúscula independentemente de como
>>> estean no orixinal, coa excepción de que a primeira palabra sexa unha
>>> orde ou un nome de programa que comece por minúscula. Isto débese a
>>> que os orixinais nótase que foron obtidos por medios semi-automáticos
>>> e non son coherentes neste sentido. As traducións, si.
>>>
>>> Non sei como facer coas memorias de tradución; non sei se se inclúen
>>> na memoria de Ubuntu 14.04 ou non. Penso que non pero non as vin entre
>>> as memorias de tradución anteriores. Non son tan útiles como outras:
>>> non hai tantos Quit/Save as/OK e si moitas cadeas que varían por pouco
>>> pero que hai que traducir á man.
>>
>> Para facer a memoria de tradución abonda con seguir as indicacións de
>> http://wiki.trasno.net/Converter_.po_e_.ts_a_.tmx#Converter_varios_ficheiros_.po_a_un_s.C3.B3_ficheiro_.tmx
>>
>> Descoñezo se os textos do DDTP se inclúen nas traducións de Ubuntu,
>> así que non sei se será realmente necesario crear un TMX á parte. Eu
>> fariao de todos os xeitos xa que é un grupo de traducións
>> especializadas e dun gran volume, o que desde o meu punto de vista
>> xustifica a creación dun TMX separado.
>>
>> Se non queredes crear o TMX podo facelo eu.
>>
>> Deica
>>
>>> Quen podería...
>>>
>>> 1) Aproveitar estas traducións e pasalas a Debian?
>>>
>>> 2) Facer o mesmo para o que sexa equivalente en rpm?
>>>
>>> Xosé
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a