O 18 setembro 2014 16:55, Fran Dieguez <[email protected]> escribiu: > >> con unha > cunha >> con un > cun >> e o examinado > e o exame >> con unha > cunha >> con un > cun >> de outras > doutras > > Todo o software de GNOME evita o uso de contraccións desde fai varios anos. > Entendo que estas regras non cambiaron. Para manter consistencia co resto de > aplicativos non cambiaremos isto ate ter consenso desta regra e cando menos > a seguinte publicación.
O_O Non é correcto o que dis. A dificultade non son as contraccións en xeral senón algúns casos en que intervén "CON" . Desde o punto de vista da corrección lingüística non son opcionais senón absolutamente obrigatorias as contraccións co artigo (ollo que "un" pode que non sexa artigo senón número ou indefinido - por tanto un adxectivo ou substantivo - ou que sendo artigo non forme parte da mesma frase que a preposión "con") Pagáronlle con un millón // Con un millón ser abondo, pedía máis (=Sendo abondo un millón) Éche o mesmo caso que co artigo determinado "o". En GNOME non se escribe "en a xanela", "de o botón", .... Non se contrae "con + un" cando é indefinido ou pronome Abondou con un. http://www.realacademiagalega.org/dicionario_rag/searchNoun.do?nounTitle=un O mesmo pasa en "DE + outras", é obrigatoria a contracción Se queredes fago unha explicación algo máis didáctica porque me quedou un pouco envurullada. É un punto un pouco escuro da Normativa. _______________________________________________ Proxecto mailing list [email protected] http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

