Pois non estaría mal a acepción 2 do termo Privanza. Se ben a define canto
a un estilo de relación cunha persoa, ben pode entenderse coma a condición
de espazo íntimo e persoal (compartido con outro ou cun mesmo), parello ao
que en castelán chman privacidade.

Que vos parece?

Saúde.

2016-02-19 1:35 GMT+01:00 Antón Méixome <cert...@certima.net>:

> Debo andar algo despistado. Non caera na conta de desconfiar ata hoxe.
>
> Como traducimos isto?  Privacidade ?
>
> Pois resulta que esta palabra *non-existe nin no DRAG, nin no Digalego. En
> portugués si, pero como puro calco do inglés, coma sempre.
>
> Ándame rondando a forma "privanza", que non queda mal para
>
> Privacy Policy → Normas de privanza
>
> e fai parella con Security → Seguranza
>
> ... xa me dou conta de que é un pouco escandaloso e sería un resgate case
> medieval. A alternativa é o anglicismo. O que nós temos é un castelanismo
> que parece provir de América latina (onde nace «privacidad»).
>
> O calco directo español de privacy é privacía.
>
>
> Relacionado: non hai problema ningún curiosamente con «privativo» porque
> vén do léxico xurídico.
>
> Opinións?
>
> _______________________________________________
> proxecto mailing list
> proxecto@trasno.net
> http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto
>
>


-- 
Discrimínanche por ser galego; actúa!!!, envía unha queixa ás seguintes
institucións:
- Valedor do Pobo: http://www.valedordopobo.com/index.php?s=64
- Secretario Xeral de Política Lingüística (mándalle un correo, ten a
obriga de nos defender):
sxpl.secreta...@xunta.es
Moitas Grazas.
_______________________________________________
proxecto mailing list
proxecto@trasno.net
http://lists.trasno.net/cgi-bin/mailman/listinfo/proxecto

Responderlle a