Tradución de meld

2009-12-31 Conversa damufo damufo
Boas:
Instalei no ubuntu 9.10 o meld.
O caso é que non aparece traducido.
Collín a tradución de Indalecio
http://l10n.gnome.org/vertimus/meld/master/po/gl
convertina a .mo e púxena en
/usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES
e non a collía
logo puxena en
/usr/share/locale/gl_ES/LC_MESSAGES
e nada! non vai.
Algunha suxestión de como solucionar isto?
Grazas!

Paquetes de tradución Joomla! 1.5.11

2009-06-09 Conversa damufo damufo
Boas:
Acabo de anovar os paquetes coa tradución para o sitio e o panel de
administración.
Non sei que pasou coa compresión pero no sistema linux non funcionaba
e si en windows ¿?
Agora debería traballar correctamente.
Por favor Minhoca, se podes confírmame que xa instala correctamente,
eu probeino no ubuntu 8.04 e foime ben.
abur
--
damufo

writable/unwritable e cookie

2009-05-24 Conversa damufo damufo
Referido ao  sistema de ficheiros

Como traduciriades writable/unwritable?

escribíbel/non escribíbel ?
modificable/non modificable ?
modificable/protexido ?

Outra máis cookie
pegada?
galleta?
cuqui?
http://en.wikipedia.org/wiki/HTTP_cookie
http://es.wikipedia.org/wiki/Cookie

--
dani

dubidas upload/download

2009-05-24 Conversa damufo damufo
Boas
quería comentar a tradución de upload/download

upload
enviar/enviado ?
subir/subido ?

download?
obter/ obtido?
descargar/descargado

e de paso

load
carga?

Re: dubidas en termos

2009-05-16 Conversa damufo damufo
2009/5/15 Xosé xoseca...@gmail.com:
Re: dubidas en termos
De:
Miguel Bouzada mbouz...@gmail.com
  Para:
damufo dam...@gmail.com
  CC:
Trasno - Lista proxecto@trasno.net
  Data:
Hoxe 19:24:07

  Estado do Correo Lixo: CRM114 0% de probabilidade de ser correo non
 desexado.

Informe completo:
Good  ( pR: 58.4261 )

2009/5/15 damufo dam...@gmail.com

 Leandro Regueiro escribiu:

 2009/5/15 damufo dam...@gmail.com:

 Boas teño unha serie de dúbidas, algunha idea?

 Config settings
 Confoiguración básica?
 Configuracións básicas?
 en plural ou singular?
 pt. Configurações Básicas
 es. Configuración básica.

 Opcións de configuración

 Unexpected: Can't read the file pointer offset.
 Inesperado: Non foi posibel ler o punteiro de paso do arquivo.??

 pt. Inesperado: Não foi possível ler o desfasamento do cursor do ficheiro
 (File pointer offset)
 pt br. Inexperado: Não foi possível ler o ponteiro de passo do arquivo.
 es. NO ESPERADO: No se puede leer el offset del indicador.

 En principio inesperado porque prematuro non lle acae moito.

 Desculpa a dúbida é en the file pointer offset

 indirecta (punteiro a ficheiro indirecto) a miña dúbida , indirecto/a é
 corecto?

como dato: Impresión en offset → impresión por fotolitografía indirecta

 Collation -
 subconxunto de caracteres?

 es. Variación, subconjunto, distribución, del conjunto de
 caracteres (http://lists.mysql.com/mysql-es/1630)

 Isto habia tempo que non o via. Nin idea, pero algo tiña que ver ca
 codificación...

 si, se entras no phpmyadmin xa o ves, é o subconxunto de caracteres que
 colle, ainda que todos sexan utf8 por exemplo fai distinción entre
 diferentes subconxuntos

 Collation é ordenación (e inclúe a ordenación alfabética e de números).

pois agora que o dis debe ser iso! así concorda, ex. codificación
utf8, ordenación galego, español, italiano...

 Xosé

 charset -
 conxunto de carateres?
 catálogo de caracteres?

 No glosario de Trasno.

 script - secuencia (de ordes)?

 No glosario de Trasno.

 Xa o vira, o que pasa é que no glosario de trasno optan por non traducir.
 Eu teño idea de traducilo.

Hai pouco falabase na lista de ubuntu-es do mesmo termo e habia quen
 defendia de todo, desde secuencia de ordes a té guión, eu defendia de non
 traducilo e ó final creo que é a idea imperante (creo) xa que, como sempre,
 non é tan facil traducir unha idea que é o que representa script máis aló
 do significante estricto de guión que sería (na miña opión) a única
 válida.

 Ata logo,
                     Leandro regueiro

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Re: dubidas en termos

2009-05-16 Conversa damufo damufo
2009/5/16 mvillarino mvillar...@gmail.com:
   Unexpected: Can't read the file pointer offset.
   Inesperado: Non foi posibel ler o punteiro de paso do arquivo.??
  
   pt. Inesperado: Não foi possível ler o desfasamento do cursor do
 ficheiro
   (File pointer offset)
   pt br. Inexperado: Não foi possível ler o ponteiro de passo do arquivo.
   es. NO ESPERADO: No se puede leer el offset del indicador.
  
  En principio inesperado porque prematuro non lle acae moito.
 
  Desculpa a dúbida é en the file pointer offset

 Debe referirse a un erro aparecido por non poder coñecer a posición na
 que está o punteiro de lectura do ficheiro, que ha estar referenciado
 en bytes desde a cabeza do ficheiro.
 Entón pode ser:
 Sorpresa (vale, inesperado): non se puido ler a posición do
 punteiro de lectura do ficheiro.
 (Alguén que recorde C ou pascal que o poda confirmar?)

Convénceme esta tradución.
Se non me erro está a ler un ficheiro liña a liña e este debe ser un
erro durante a lectura desa posición.

Re: dubidas en termos

2009-05-16 Conversa damufo damufo
2009/5/16 damufo damufo dam...@gmail.com:

pensando mellor... penso que pode quedar mellor

INESPERADO: non foi posíbel ler a punteiro de paso do ficheiro.

Se non me erro, neste caso paso é referido a cada un dos
desprazamentos que fai o cursor (punteiro) para ler o ficheiro.
de feito no glosario temos offset como desprazamento e penso que tamén
se pode traducir como paso, de feito iso estou a facer.
Paréceme máis axeitado paso que desprazamento porque paso é como máis
igual, neste caso desprázase unha liña, o desprazamento é como máis
variábel.

Outra máis
INESPERADO: non foi posíbel establecer o punteiro de paso do ficheiro.

Re: dubidas en termos

2009-05-16 Conversa damufo damufo
2009/5/16 damufo damufo dam...@gmail.com:
 2009/5/16 damufo damufo dam...@gmail.com:
 2009/5/16 damufo damufo dam...@gmail.com:
 2009/5/16 mvillarino mvillar...@gmail.com:
   Unexpected: Can't read the file pointer offset.
   Inesperado: Non foi posibel ler o punteiro de paso do arquivo.??
  
   pt. Inesperado: Não foi possível ler o desfasamento do cursor do
 ficheiro
   (File pointer offset)
   pt br. Inexperado: Não foi possível ler o ponteiro de passo do 
   arquivo.
   es. NO ESPERADO: No se puede leer el offset del indicador.
  
  En principio inesperado porque prematuro non lle acae moito.
 
  Desculpa a dúbida é en the file pointer offset

 Debe referirse a un erro aparecido por non poder coñecer a posición na
 que está o punteiro de lectura do ficheiro, que ha estar referenciado
 en bytes desde a cabeza do ficheiro.
 Entón pode ser:
 Sorpresa (vale, inesperado): non se puido ler a posición do
 punteiro de lectura do ficheiro.
 (Alguén que recorde C ou pascal que o poda confirmar?)

 Convénceme esta tradución.
 Se non me erro está a ler un ficheiro liña a liña e este debe ser un
 erro durante a lectura desa posición.

 pensando mellor... penso que pode quedar mellor

 INESPERADO: non foi posíbel ler a punteiro de paso do ficheiro.

 Se non me erro, neste caso paso é referido a cada un dos
 desprazamentos que fai o cursor (punteiro) para ler o ficheiro.
 de feito no glosario temos offset como desprazamento e penso que tamén
 se pode traducir como paso, de feito iso estou a facer.
 Paréceme máis axeitado paso que desprazamento porque paso é como máis
 igual, neste caso desprázase unha liña, o desprazamento é como máis
 variábel.

 Outra máis
Inesperado: non foi posíbel establecer o punteiro de paso do ficheiro.

Quería dicir:

Unexpected: Can't read the file pointer offset.
Inesperado: non foi posibel ler o punteiro de paso do ficheiro.

Unexpected: Can't set file pointer behind the end of file.
Inesperado: non foi posíbel establecer o punteiro de paso do ficheiro.

Re: Fwd: Futuro de Trasno

2009-05-13 Conversa damufo damufo
2009/5/13 Leandro Regueiro leandro.regue...@gmail.com:
 Vale, logo embaixo, na FIC, se o local do GPUL está aberto alí, senón
 no hall de baixo, onde foi a Akademy-es. Sendo na FIC podo estar aí a
 partir das 17:30 ata a hora que sexa (ou nos chimpen)...

 vl, pero eu non creo que chegue a esa hora, senón máis ben ás 18:00

 Pois agardo. Non teño problema. Comezaremos á hora que nos veña ben a
 todos. Se Tsao puidera confirmar a dispoñibilidade do local do GPUL...

 Ata logo,
                Leandro Regueiro

 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.

Eu intentarei ir, non é fixo que poida, o que si é fixo é que antes
das 18h00 non creo que chegue.
Se é na FIC teñoo máis doado pois sei onde é.
De poder ir xa contacto con Leandro (por móbil).
abur

Re: [G11n] resumo g11n 20081031 (samaín)

2008-11-01 Conversa damufo damufo
Boas:

2008/11/1 mvillarino mvillar...@gmail.com:
 Non puiden ir, máis iso non quita que siga a ser o tocapelotas
 entremetido que son, e como son algo bocas, aló vai a miña aportación
 ex-post (que sempre é máis sinxelo):
 Nota: non vai contra ninguén. Se alguén se quer dar por ofendido, que
 sexa Baleato ;-)

 O voluntariado (ultimamente non me sae a palabra comunidade)
 tradutor de software libre ao galego acha unha serie de dificuldades
 que, quitándolles os nomes dos proponentes podemos expresar como:
 chegamos até onde nos permiten as ferramentas, e existe unha sombra en
 formación da opinión de que aquelo que podan aportar as ferramentas de
 tradución para non precisar de coordinadores será positivo (onde
 coordinador é o voluntario que ademais de traducir anda ás ostias coas
 infraestruturas para desenvolventes, nomeadamente os VCS).
 Adicionalmente, as ferramentas fallan en certos pontos que se fixeron
 notar, se ben precisamente estas anotacións mostran tamén unha falla
 na formación do voluntariado.
 Os pontos nos que as ferramentas nos abandonan (que non abandoan, que
 é algo que se lles fai ás misses cando reciben o premio), son na
 corrección de textos (proofreading) en sentido amplo: corrección
 ortográfica, gramatical, glosarial, e semántica, e homoxeneidade na
 expresión.
 Neste senso hai que mellorar (e non pouco) na formación referente á
 utilización das CAT, dado que algunha das deficiencias sinaladas pode
 porse en entredito, por exemplo a integración do SCV na CAT (nota:
 adicionar wordforge á listaxe de cat, xunto con olt e lokalise), a
 consulta ao vivo de traducións en outros idiomas (está en kbabel
 através do po-auxiliar, aínda que só para un idioma auxiliar á vez).
 No da correción gramatical xa é máis complicado, aínda que
 _teoricamente_ poderíamos telo en kde (vale, en calquera, pero o
 pology está nos repostorios de kde). Resulta que hai un filtro do
 pology que permite pasarlle un corrector gramatical aos ficheiros,
 agora ven, resulta que a infraestrutura que emprega non ten
 disponíbeis os ficheiros que descreben a gramática do galego. E aquí
 chegamos á chave das noces: que sistemas de comprobación gramatical
 teñen descrito o galego?
 [OT]O pology é unha cousa moi boa que se pode achar en l10n-support.
 Ai! cando eu tiña portatil dáballevos moito uso!
 Ah! si, fai falla un lugar con bitácoras/blog/blogues para os membros
 de trasno (con posibilitade de deixar en petit-comité ou pasar a
 portada)

 Cona! acabo de baixar un pouco no ficheiro anexo de Baleato, para ler
 as cousas das empresas estas e xúrdenme dúbidas:
 -Que diferenza hai entre un foro para difundir as oportunidades de
 negocio e sinalar que contratos, a que empresas, e por cais importes?
 -A integración dos estándares está en camiño, polo menos da banda de
 Shafforo e de pootle, e o Hunspell xa é desde hai uns meses a
 infra-infra-estrutura ortográfica das últimas versións dos dous
 escritorios libres principais.

 nota: para quen desexe entreterse un pouco con pootle:
 http://www.pcbsd.org:8080/ (é lento de carallo, aviso)

 Mágoa non ter máis tempo. A vindeira en fin de semana. Vémonos na akademy-es

Estiven a probar o pootle na miña recen instalada ubuntu 8.10.
A cousa ten boa pinta, ainda que o tema da administración ainda non o
teño moi claro. Non atopei un administrador de ficheiros subidos. É
dicir non podo borrar un ficheiro subido por exemplo, iso tiveno que
facer a machada indo ao cartafol onde garda o pootle o ficheiro en
cuestión.
No meu caso os ficheiros almacenanse nun cartafol como .po
subinlle un fichero .po dunha tradución que xa teño feita do joomla e pinta ben.
Unha cousa que me ten desconcetado é que  que se o ficheiro po que
subo ten codificación utf8 vense caracteres raros mentes que se o
ficheiro po ten codificación iso-8859-1. xa investigarei mais sobre
disto.
O entorno web permite descargar os po en formato: Ficheiro PO  |
Ficheiro XLIFF  | Ficheiro .ts de Qt  | Ficheiro CSV.
O formato ts fallame.

Saúdos