[Galician] Erros thunderbird

2010-04-15 Conversa suso
Boas Enrique,

Se che parece imos ser prácticos e vou darche a información de contexto e
indicarche como proceder para que che sexa mais facil resolver o problema
do Thunderbird. A fin de contas nesta altura resulta un pouco indiferente
se o técnico do CESGA que cobraba por revisar as traducións contratadas
recoñece ou non a súa responsabilidade: agora é demasiado tarde para que
eso resolva nada.

Eiquí fun concentrando as notificacións de erro que fun atopando en
diversas fontes:

http://foros.g11n.net/viewtopic.php?f=20&t=46

Ao mesmo tempo comuniqueille ao coordenador do Thunderbird (Sipaq, que
estaba no CC: do correo que enviei aos líderes de localización) a
existenza do problema para pedirlle a súa opinión. Pouco despois Mark 
abría un bug para resolver o problema e a partir do ahí centralizmos 
o traballo nese fío:

https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=549442

A situación actual é que temos unha notificación de que en Windows sigue
dando o mesmo problema, e tratandose da plataforma mais extendida compre
resolver o problema antes de dar por válida esa versión. Se precisas o
contacto da persona que me notificou o erro, só avísame, supoño que non
terá problema en colaborar contigo.

https://bugzilla.mozilla.org/show_bug.cgi?id=549442#c13

Na miña opinión o correcto sería reabrir o bug e facer as probas
correspondentes co windows até que se resolva o problema. Porén esto é algo
que deberías consultar con Sipaq, e en todo caso precisas dar de alta unha
conta no bugzilla. 

https://bugzilla.mozilla.org/

Sobra que che diga que debes ler a documentación enlazada nesa web e sobre
todo que sigas estrictamente os consellos que che dou Seth no último
correo.

Cando teñas conta no bugzilla compre que solicites que te asignen por 
defecto todos os bugs que teñan que ver co galego; desa forma obterás unha
notificación automáticamente cada vez que haxa algo pendente que fazer.
Mentras tanto, indícoche esta vía alternativa para que poidas facer
seguimento das tarefas que tes pendentes:

http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl

Tamén podes subscreberte vía RSS a parte desa información:

http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl&rss=1

En todo caso, insisto, é de vital importancia que sigas estrictamente as
indicacions que che dou Seth no seu correo, en especial no que atinxe á
leitura da documentación, suscrición aos grupos e participación na
comunidade. Ao principio é un pouco latoso, pero despois lévase ben.

Penso que están esperando a que te presentes e creo que deberías darlle
prioridade a esto; o aspecto social en Mozilla é vital como xa indiquei
repetidamente, co cal estes detalles é importante estar atentos a eles.

Saúdos,

Enrique Estévez Fernández escrebeu:
> Ola Suso.
> 
> Aínda non estou centrado e xa vexo que hai un problema. Se podes
> facerme o favor de aclararme de que vai o asunto, estaríache moi
> agradecido.
> 
> Sei que o thunderbird daba ese erro co IMAP, se estamos a falar do
> mesmo. Nos formos dos primeiros que nos dimos conta, xa que nos
> chamaban usuarios da universidade contandonos o erro. E sabíamos que
> so pasaba no galego, co que pensamos que era un problema de tradución
> e pouco despois Mancomun avisou da solución do problema.
> 
> Fran o outro día abriu o bug en Ubuntu porque voltaba a pasar o mesmo,
> xa que deberon coller o paquete de idioma que contiña o erro sen
> solucionar e por eso se lle diu urxencia en Ubuntu.
> 
> Se me dis como proceder nestes casos, podería pórme mans a obra canto
> antes. Como xa che dixen, estou a mirar o tema de tradución e crear
> equipos na documentación de GNOME e é algo latoso, pero andamos a elo.
> Toda axuda que me poidas prestar en base a algún procedemento ou
> esquema que empregarás sería de moita axuda. E sobre todo proceder con
> este tipo de incidencias que seguro que é moito máis complexo de
> tratar. Ou con quen do grupo de Mozilla o podo levar para arranxalo o
> antes posible.
> 
> Espero molestarte o menos posible e facerme coa situación axiña.
> 
> Un saúdo.
> 
> 2010/4/13 suso :
> > Boas,
> >
> > Avísanme que os do CESGA publicaron unha noticia decindo que o erro do
> > Thunderbird fora resolto. De ser así, compre que alguén (Enrique?) os
> > avise de que a información que publicaron é falsa, tal como se pode
> > comprobar con só ler o que pon no bug. Resulta bastante irresponsabel
> > publicar este tipo de información antes de verificala. Podo poñer en
> > contacto a quen vaia facer o seguimento do bug coa persona que notificou
> > a persistencia do problema nesa nova versión.
> >
> > En canto a orixe do erro como vexo dúbidas por ahí, aclarar que o esquema
> > (simplificado) de traballo era este:
> >
> > 1. Unha vez que xurdía unha demanda de tradución, eu solicitaba informe
> >   ao CESGA.
> > 2. No CESGA valoraban a tradución e enviábanme informe indicando número
> >   de cadeas a traducir e custe aproximado.
> >

[Galician] Erros Thunderbird

2010-04-15 Conversa Frco. Javier Rial
2010/4/14 suso 

> Aliás vexo na rolda que Francisco Javier Rial, técnico do CESGA, asumiu
> públicamente a súa responsabilidade no erro do Thunderbird.
>


WTF??

Alguén lee o correo de forma transversal..

A ver se isto lle axuda, está formateado de xeito especial para unha fácil
lectura:

Fostes ti
O que
Se
Trabucou
E a jodeu
Suso

Ti enviaches o traballo de
Imaxin sen revisar
 próxima parte 
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 



[Galician] Erros Thunderbird

2010-04-14 Conversa suso
Debo insistir: sería importante que o novo coordenador avise a quen 
publicou a nova [1] de que a retiren ou a corrixan, posto que é unha 
información falsa.

Aliás vexo na rolda que Francisco Javier Rial, técnico do CESGA, asumiu
públicamente a súa responsabilidade no erro do Thunderbird. Non foi o 
único erro nin tampouco o mais grave, pero eso é o de menos pois ninguén
é infalibel. O importante é aprender dos erros e que esta vez se apliquen
os controis de calidade da propria Fundación Mozilla en troques de buscar
atallos, para evitar que se repitan no futuro:

http://quality.mozilla.org/

Pola miña parte vou poñer ao tanto a Enrique da evolución deste problema
para que xa se faga cargo él do seu seguimento e darlle solución.

Saúdos,

[1] 
http://www.mancomun.org/no_cache/actualidade/detalledenova/nova/solucionado-oficialmente-por-mozilla-o-erro-que-afectaba-ao-thunderbird-30-en-galego/

-- 
http://susinho.pagina.de/


[Galician] Erros thunderbird

2010-04-14 Conversa Frco. Javier Rial
Quería dicir por "orixinalmente traducida por Imaxin"

2010/4/14 Frco. Javier Rial 

> Por certo, a URL do repositorio de mozilla onde se ve que tí, suso,
> enviaches a tradución, a orixinalmente traducida por mozilla o 19 de
> decembro de 2008.
>
> http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.1/gl/file/04b863b7d8cf/mail/chrome/messenger/imapMsgs.properties
>
 próxima parte 
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 



[Galician] Erros thunderbird

2010-04-14 Conversa Frco. Javier Rial
Vaia, polo que eu sei, no CESGA non queda ninguén traballando en Mancomún,
creo que alguén ve fantasmas do pasado

Avísanme que os do CESGA publicaron unha noticia decindo que o erro do
> Thunderbird fora resolto.
>
> Por suposto, se alguén quere saber o nome e os apelidos do técnico do CESGA
> que meteu a pata co Thunderbird doullo sen problema, pois no seu día gardei
> copia do correo onde me dí que a tradución foi validada;


Podes dalo sen problema, e senón digo que fun eu, porque era o que ibas
dicir, non??

Por certo, a URL do repositorio de mozilla onde se ve que tí, suso,
enviaches a tradución, a orixinalmente traducida por mozilla o 19 de
decembro de 2008.
http://hg.mozilla.org/releases/l10n-mozilla-1.9.1/gl/file/04b863b7d8cf/mail/chrome/messenger/imapMsgs.properties

Esta é a miña proba, ahora a túa:


De todas maneiras, queda por dilucidar de quen é o erro ao final, se da
cadea de mando, ou dos súbditos, normalmente sempre son atribuíbles á cadea
de mando ou as responsables, pero bueno... xa sabemos de que pé coxea cada
un.



> aínda que na miña
> opinión o mais productivo sería aprender do erro e que empreguedes a
> ferramenta de testaxe da calidade implantada recentemente pola Fundación
> Mozilla. Está deseñada a proba de ineptos.
>

Menos mal que desto último non queda ningún xa.


>
> Aproveito para dar conta de que a xente da Fundación Mozilla xa lle dou as
> primeiras indicacións a Enrique co cal, se todo vai ben, en moi breve prazo
> debería estar a pleno rendemento. De novo pedirvos o máximo apoio na súa
> moi difícil tarefa.
>

E si, moito ánimo para keko



>
> Saúdos,
>
> --
> http://susinho.pagina.de/
> ___
> Galician mailing list
> Galician en mozdev.org
> https://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician
>
 próxima parte 
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 



[Galician] Erros thunderbird

2010-04-13 Conversa suso
Boas,

Avísanme que os do CESGA publicaron unha noticia decindo que o erro do 
Thunderbird fora resolto. De ser así, compre que alguén (Enrique?) os 
avise de que a información que publicaron é falsa, tal como se pode 
comprobar con só ler o que pon no bug. Resulta bastante irresponsabel
publicar este tipo de información antes de verificala. Podo poñer en
contacto a quen vaia facer o seguimento do bug coa persona que notificou
a persistencia do problema nesa nova versión.

En canto a orixe do erro como vexo dúbidas por ahí, aclarar que o esquema
(simplificado) de traballo era este:

1. Unha vez que xurdía unha demanda de tradución, eu solicitaba informe
   ao CESGA.
2. No CESGA valoraban a tradución e enviábanme informe indicando número 
   de cadeas a traducir e custe aproximado.
3. Eu valoraba o informe e solicitaba á Xunta autorización para o gasto
4. Unha vez obtiña autorización e negociado o orzamento, abría proceso 
   de contratación do que saía escollida unha empresa.
5. A empresa facía a tradución e remitíalla ao CESGA.
6. O CESGA facía o control de calidade (lingüística e técnica). Se a 
   tradución tiña fallos (adoitaba habelos), volvía ao punto 5; cando todo
   estaba ben remitíanme a tradución xa validada para facer a remisión aos
   repositorios oficiais.

Por suposto, se alguén quere saber o nome e os apelidos do técnico do CESGA
que meteu a pata co Thunderbird doullo sen problema, pois no seu día gardei
copia do correo onde me dí que a tradución foi validada; aínda que na miña
opinión o mais productivo sería aprender do erro e que empreguedes a 
ferramenta de testaxe da calidade implantada recentemente pola Fundación 
Mozilla. Está deseñada a proba de ineptos.

Aproveito para dar conta de que a xente da Fundación Mozilla xa lle dou as
primeiras indicacións a Enrique co cal, se todo vai ben, en moi breve prazo
debería estar a pleno rendemento. De novo pedirvos o máximo apoio na súa
moi difícil tarefa.

Saúdos,

-- 
http://susinho.pagina.de/