Re: Novo colaborador

2003-06-21 Conversa MAXIMODUTTY
Boas Iván:
Polo momento esta todo un pouco parado pero agradecemosche a tua 
colaboración,non sei ata que punto controlas sobre o de traducir as 
aplicación en linux, pero na web do trasno creo que esta ben explicado, 
eu e algúns mais actualmente estabamos coa traducción do escritorio KDE 
pois habia moi pouco traducido, ti mesmo, escolles un ficheiro e 
avisasnos na lista para non redoblar o traballo, creo que o emule nón 
esta traducido se queres comezar por ese por mín adiante, se tes 
algunha duda esta lista esta para iso. 


maximodu...@terra.es
TI ---LINUX-SOFTWARE LIBRE
Usuario rexistrado de Linux nº #291860
http://www.dutty.es.kz
http://www.maximodutty.es.kz
http://www.corvillon.es.kz
http://www.linux-galicia.es.kz

- Mensaje Original -
De: Iván Pérez Domínguez porta...@terra.es
Fecha: Jueves, Junio 19, 2003 6:24 am
Asunto: Novo colaborador

 Ola. Envíovos esta mensaxe para que saibades que tedes un novo
 colaborador. Aínda que estiven a botarlle un ollo á páxina, querería
 saber que estades a traducir agora, algún programa en especial, para
 botarvos unha man con ese (non sei cal é o voso método de 
 traballo). Ata
 agora só fixen unha traducción, e foi dun software para Windows
 (BSPlayer). A traducción distribúese coas novas versións do programa,
 aínda que non está moi revisada. Últimamente estiven a revisar 
 algunhastraduccións de aMSN, páxinas de man,...
 Agradecería que algén se puxese en contacto comigo, para indicarme por
 onde me recomendades comezar. ¿Por certo, existe algunha 
 traducción a
 galego de eMule para Linux ou estades a traballar nalgunha?
 
 Espero as vosas indicacións.
 
 
 
 --
 Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
 poñendo unsubscribe na mensaxe
 


--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: Traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2

2003-06-21 Conversa Xabi
Tes talento, vas pasar á historia coma o primer informático-literato 
;))


O Viernes, 20 de Junio de 2003 21:12, Jacobo Tarrio escribiu:
  Costumismo galego en tres actos e epílogo.

  -- ¿Oiches, Pepe?...
  -- ¿Que pasa, Manuel?
  -- Que xa saíu a traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2.
  -- ¡Arre demo! Ainda che apurou ben a facela.
  -- Se é que dende RC1 houbo poucos cambios.
  -- ¿E onde se pode baixar?
  -- En http://trasno.net/mozilla/ está, se a rede da universidade da Coruña
 non falla.
  -- Ho, pois non che sei eu, ¿eh? Eu vou baixalo o antes que poida.
  -- Ah, ¿pero ti tés Internet dese?
  -- Si, truquei o TRAC cunha pouca bosta da Marela, e...
  -- Iso, iso, merda para a Telefónica.

 Corenta e oito horas máis tarde...

  -- Que, ¿como vai, Pepe?
  -- Xa acaba mesmo de rematar.
  -- Si que vai rápido Internet hoxe... este mes, digo.
  -- É que a Marela dá moi boa bosta.

  -- Vale, vale, ¿e como se instala?
  -- Pois mira, arrinco o Mozilla identificado co usuario co que o instalei,
 e como xa estaba a usa-la traducción, cambio ao inglés, indo a Edit,
 Preferences, Appearance, Languages. Despois vou a
 http://trasno.net/mozilla/ e premo na ligazón correspondente á versión
 de Mozilla que teño instalada.
  -- Ei, que che di que instalar software pode ser perigoso.
  -- Nada, nada, non hai problema ningún. Doulle a Aceptar, e agardo a que
 remate. Despois pecho o Mozilla e volvo entrar, pero esta vez co meu
 usuario habitual.
  -- ¿E se fora o mesmo usuario?
  -- Tería que saír e volver entrar o mesmo. Ah, vou ao Edit, Preferences,
 Appearance, Languages, e aí ves, Galego. Selecciónoo, doulle a
 Aceptar e volvo saír do Mozilla.
  -- ¿Saír outra vez?
  -- Si. Isto hai que reinicialo case máis veces có Windows. Ben, agora
 arrinco... e xa está. En galego, como ten que ser.

  -- Ai, que bonito. Ata me dan ganas de lle mandar algo ao traductor, e
 todo.
  -- Nada, non lle mandes nada, que é parvo e traballa gratis, ese Jacobo.


pgp35sJDcHx02.pgp
Description: signature


Re: Novo colaborador

2003-06-21 Conversa fxvazquez
Ola Iván.

Benvido a Trasno, sempre se agradece xente nova :-)
Sobre por onde empezar a traducir pareceme que a traducción de kde xa 
está algo organizada (preguntalle a Massimodutti se che interesa 
traducir kde). A miña recomendación é que para comezares escollas un 
programa que che guste, que o uses a cotio e que o traduzas, vaiche 
resultar moito máis doado e levadeiro; despois xa te iras metendo en 
berenxenais máis grandes ;-). Se che interesa pode ser o mesmo lMule 
(se é traducible).

Un saudo.

O Jueves, 19 de Junio de 2003 07:24, Iván Pérez Domínguez escribiu:
 Ola. Envíovos esta mensaxe para que saibades que tedes un novo
 colaborador. Aínda que estiven a botarlle un ollo á páxina, querería
 saber que estades a traducir agora, algún programa en especial, para
 botarvos unha man con ese (non sei cal é o voso método de traballo).
 Ata agora só fixen unha traducción, e foi dun software para Windows
 (BSPlayer). A traducción distribúese coas novas versións do programa,
 aínda que non está moi revisada. Últimamente estiven a revisar
 algunhas traduccións de aMSN, páxinas de man,...
 Agradecería que algén se puxese en contacto comigo, para indicarme
 por onde me recomendades comezar. ¿Por certo, existe algunha
 traducción a galego de eMule para Linux ou estades a traballar
 nalgunha?

 Espero as vosas indicacións.



 --
 Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
 poñendo unsubscribe na mensaxe

-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe


Re: Traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2

2003-06-21 Conversa fxvazquez
O Viernes, 20 de Junio de 2003 21:12, Jacobo Tarrio escribiu:
  Costumismo galego en tres actos e epílogo.

  -- ¿Oiches, Pepe?...
  -- ¿Que pasa, Manuel?
  -- Que xa saíu a traducción ao galego de Mozilla 1.4 RC2.

Boas novas, si señor.

  -- Ho, pois non che sei eu, ¿eh? Eu vou baixalo o antes que poida.
  -- Ah, ¿pero ti tés Internet dese?
  -- Si, truquei o TRAC cunha pouca bosta da Marela, e...

Ese phreaking debe ser delito (ecoloxico).

  -- Iso, iso, merda para a Telefónica.

 Corenta e oito horas máis tarde...

Moi optimistas me parecen esas 24h. E da pasta que lle debe estar 
costando ó individuo este non che digo nada.

  -- Ai, que bonito. Ata me dan ganas de lle mandar algo ao traductor,
 e todo.
  -- Nada, non lle mandes nada, que é parvo e traballa gratis, ese
 Jacobo.

Vaia, ¿e agora que fago co pata negra?. ¡Maldita sexa!. Vouno ter que 
papar eu facendo un esforzo.

Veña, un saudo.
-- 
   ()   \\ Fco. Xosé Vázquez Grandal
 ^ (o_   \\ mailto:fxvazq...@arrakis.es
 | /)\c{} \\ http://www.arrakis.es/~fxvazquez/
 `-V__)_   \\ http://www.trasno.net

--
Para sair desta lista, manda un mail a trasno-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mensaxe